Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de abril de 2018

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07.00 horas do 22 de abril até as 07.00 horas do 25 de abril do 2018

CONTROIS PREVENTIVO DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

Un condutor foi denunciado ante o xulgado por dar positivo nunha proba de drogas (administrativa), ás 16:31 horas da tarde de onte, cando foi detectado na Avenida de Alfonso Molina. Unha dotación da Policía Local deu o alto a este conductos, varón de 41 anos e veciño da Coruña quen, a pesar de conducir un turismo, presentaba signos de acharse baixo os efectos de substancias estupefacientes. Por tal motivo foi sometido a unha proba de drogas, que tivo como resultado un positivo por presenza de cocaína no organismo. Ante os resultados, tramitóuselle a correspondente denuncia administrativa, que podería chegar a supoñer unha sanción de até 1.000 euros e a perda de 6 puntos do permiso de conducir. Do vehículo que conducía fíxose cargo un coñecido do condutor habilitado e en condicións normais para conducir.

CONTROL PROGRAMADO DE LOCAL DE OCIO

Ás 09:00 horas do domingo 22, un total de 15 axentes ao mando dun inspector da policía local montaron un dispositivo programado nun local de lecer na rúa Juan Flórez, do que tiñan coñecemento de que se estaban realizando determinadas actividades abusivas e ilegais.

Antes de entrar, os axentes xa puideron escoitar desde o exterior o elevado volume da música procedente do seu interior, polo que puideron comprobar que o local funcionaba a porta pechada. Unha vez no interior do local detectaron a presenza aproximada de 80 clientes e clientas, comprobando que tiñan música acesa coma se se tratase dun local de lecer nocturno e que no mesmo se toleraba o consumo de tabaco, así como outras substancias.

No control detectáronse e foron denunciadas as seguintes infraccións:

Ao responsable do local, de 27 anos e veciño desta cidade:

1. Denuncia por carecer de licenza de actividade, tendo resolución municipal de ineficacia da previa declaración responsable de licenza para bar en asociación sen ánimo de lucro.

2. Denuncia por ter un controlador de accesos que carecía de habilitación legal de acordo coa normativa autonómica que regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

3. Denuncia por dispoñer nunha zona elevada un espazo para pinchadiscos, onde se atopaba un sistema de reprodución sonora consistente dun ordenador portátil, un monitor, unha mesa de mesturas, aparataxe diverso, un limitador e sete amplificadores situados en diversos puntos do interior do local, incumprindo a ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica.

4. Denuncia por ter en funcionamento un futbolín, incumprindo a ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica.

5. Denuncia por tolerancia manifesta de consumo de tabaco en establecemento público, observando os axentes 5 cabichas consumidas e restos de tabaco e de filtros no mostrador do local, así como unha botella de auga a modo de cinceiro con varios cigarros apagados no seu interior, infrinxindo a normativa de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, o fornezo, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

6. Denuncia por dispoñer dunha máquina expendedora de bebidas alcohólicas sen ningún tipo de mecanismo nin información que prohiba o seu uso por parte de menores de idade, infrinxindo a normativa autonómica de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

7. Denuncia por carecer de sinalización informando da prohibición de acceso a menores de idade ao fornecerse de bebidas alcohólicas, incumprindo a normativa autonómica de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.

Intervencións con clientela:

1. Denunciados tres clientes de 39, 34 e 22 anos por posuír substancias estupefacientes que lles foron detectadas nos cacheos que realizaron os axentes, infrinxindo a Lei de Protección da Seguridade Cidadá.

2. Denunciado un mozo por portar ilegalmente un coitelo de 11 cm de folla que levaba nun bolso, atopándose este en estado manifiestamente ebrio, infrinxindo a Lei de Protección da Seguridade Cidadá.

3. Identificada unha moza de 27 anos, veciña desta cidade, por gravar cun móbil aos axentes e clientes durante a intervención policial, quedando a expensas do uso público que faga da grabación.

Outras intervencións policiais:

1. Incautación dunha cazadora que se atopaba no mostrador e da que ninguén se fixo responsable a cal tiña nos petos 52 euros, un cazadora con tres chaves e 10 envoltorios de cocaína. A cazadora foi depositada na oficina de obxectos perdidos e á droga se lle deu o tratamento legal correspondente.

2. Incautación de nove envases con cocaína localizados en diversos puntos de local, probablemente arroxados polos posuidores ao detectar a presenza policial no local.

DENUNCIADA UNHA PERSOA POR PERTURBAR O DESCANSO VECIÑAL

Ás 01:10 horas do día 23, unha patrulla da Policía Local trasladouse á zona da Rúa Real xa que recibiron queixas de que había música elevada, berros e cánticos nun piso dun dos inmobles, perturbando a paz e descanso veciñal. Os axentes puideron constatar a veracidade dos feitos polo que, identificada a moradora da vivenda, foi requirida para que cesasen os ruídos molestos inmediatamente. A muller foi denunciada por infracción da Ordenanza Municipal de Protección contra a Contaminación Acústica.

DENUNCIADA UNHA MOZA POR POÑER MÚSICA CUN VOLUME MOI ELEVADO NA VÍA PÚBLICA EN HORARIO NOCTURNO

- Ás 01.30 horas do 25 de abril, a Central Operativa do 092 requiriu á patrulla de zona de Riazor para que se trasladase á rúa Almirante Mourelle debido a que recibiran queixas veciñais por música cun volume moi elevado na vía pública. Xa no lugar, a dotación localizou a unha moza cun equipo de reprodución musical con altofalantes que perturbaba o descanso veciñal, que tras ser requerida pola patrulla, desconectou. Posteriormente, ás 02.40 horas, recibíronse ata cinco chamadas telefónicas máis denunciando a perturbación ao descanso. A patrulla trasladouse de novo ao lugar e requeriu o cese da actividade á responsable, que foi identificada baixo apercibimento de incautación do equipo de son en caso de desobediencia. A muller, de 20 anos, foi denunciada por unha infracción leve da Ordenanza municipal de protección contra a contaminación acústica, que podería levar aparellada unha sanción de até 600 euros.

DENUNCIADO UN LOCAL DE LECER NOCTURNO POR INCUMPRIMENTO DE HORARIO DE PECHE

- Ás 04.10 do 25 de abril, unha dotación da Policía Local realizou un control nun local de lecer sito na rúa Socorro e denunciou ao seu responsable por non respectar o horario de peche do establecemento. Trátase dunha infracción administrativa leve da Orde autonómica de horarios de apertura e peche de establecementos públicos e da Lei de emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

CONTROIS PREVENTIVO-DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

- Ás 16.31 horas do 24 de abril, unha patrulla deu o alto a un vehículo na avenida Alfonso Molina e detectou que o seu condutor presentaba signos de atoparse baixo os efectos de substancias estupefacientes. O home, de 41 anos, arroxou un resultado positivo na proba de drogas, polo que se lle tramitou a correspondente denuncia administrativa, que podería supoñerlle unha sanción de 1.000 euros e a perda de 6 puntos do seu permiso de conducir. Do vehículo que conducía fíxose cargo un coñecido do condutor.

- Ás 20.15 horas do 24 de abril, o equipo de Atestados atendeu un accidente de circulación sen feridos, da clase contra obstáculo fixo, á altura do número 23 da avenida Pedro Barrié de la Maza. Un turismo, que circulaba en dirección Torre de Hércules, saíuse da vía pola marxe dereita e bateu contra un bolardo e un contedor de lixo, danando a súa estrutura metálica de suxeición. O condutor, un home de 26 anos, arroxou uns resultados positivos de 0,97 e 1,06 mg/l nas probas de bebidas alcohólicas, polo que se lle tramitou denuncia ao xulgado por un delito contra a seguridade viaria, ao conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas con resultado de danos materiais. O vehículo que conducía, da marca e modelo Audi A3, foi retirado da vía por un guindastre de asistencia.  

- Ás 04.35 horas do 25 de abril, unha dotación deu o alto a un turismo na rúa Orzán, cuxo condutor presentaba signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas. O home, de 45 anos, arroxou uns resultados positivos (0,75 e 0,75 mg/l), polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado de garda por un delito contra a seguridade viaria, por conducir un vehículo a motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Do vehículo que conducía, un todo terreo da marca e modelo Land Rover Freelander, fíxose cargo un coñecido do condutor habilitado e en condicións normais para conducir.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión