Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

25 de enero de 2019

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL

Dende as 07.00 horas do día 22 até as 07.00 horas do 28 de xaneiro do 2019

DETIDO POR VIOLENCIA MACHISTA

-Ás 11.14 horas do 23 de xaneiro, unha dotación foi comisionada pola Sala Operativa do 092 para que se trasladase á contorna da igrexa de San Pedro de Mezonzo onde, supostamente, estábase a producir unha agresión dun home a unha muller. Xa no lugar, a patrulla detectou a unha muller que estaba a ser asistida por varias mozas polo seu estado de nerviosismo. A moza, de 35 anos, relatou que cando ía co seu marido a unha cita do INNS da contorna, este comezara a insultarlle ata que, nun momento dado, alzou a man con intención de golpeala, sen chegar a conseguilo grazas á intervención dunhas mozas. O home abandonou o lugar ao ser increpado polas novas que lle dixeron que ían chamar á policía. A moza recoñeceu que ese comportamento na súa casa era habitual, sendo continuos os insultos e as ameazas de morte, chegando mesmo a darlle unha puñada na boca cando a súa filla era un bebe de meses, aínda que nunca chegou a denuncialo por medo. A patrulla identificou ás testemuñas, que explicaron como viran que o home estaba a gritarlle dun xeito moi agresivo á muller que o acompañaba, polo que se achegaron para comprobar se ela estaba ben. Nese intre, o home lle levantou o paraugas que levaba na man coa intención de golpeala e unha das mozas impediu cos seus brazos que impactase na muller. O home tentou tamén golpear a esta moza pero decidiu abandonar o lugar cando comezaron a chegar máis estudantes, debido á proximidade dun colexio. As mozas manifestaron que a muller lles dixera que se denunciaba ao seu marido, este a mataría. A dotación localizou ao home, de 53 anos, na contorna e trasladouno aos calabozos policiais, onde se lle tramitou denuncia de oficio por un delito de violencia de xénero.

DETIDA POR AMEAZAS REITERADAS

-Ás 22.30 horas do 24 de xaneiro, unha patrulla da Policía Local foi comisionada pola Sala Operativa do 092 para que acudise a unha vivenda da zona de Riazor, onde ao parecer, a exparella da persoa requirente estaba a tentar saltar o muro dun domicilio. Unha vez no lugar, a dotación detectou a unha muller subida a un taburete con intención de acceder ao interior do recinto da vivenda, que manifestou que no momento en que se marchasen do lugar, iría a polo taburete para volver intentalo. Nos días anteriores, esta patrulla fora requirida porque a muller estaba a dar voltas ao redor da vivenda na que viven o seu exmarido e os seus fillos, menores de idade. Un cuarto de hora máis tarde, o exmarido volveu requirir á policía porque a muller estivera a golpear a porta de acceso e un dos fillos denunciou que acababa de recibir unha chamada telefónica da súa nai que ameazaba á avoa de morte. O pai e exmarido manifestou que levaba toda a semana recibindo chamadas de teléfono nas que lle ameazaba tanto a el como á familia. A muller, de 47 anos, foi detida e trasladada aos calabozos policiais, onde se lle tramitou denuncia por un delito continuado de ameazas. CONTROIS PREVENTIVOS DISUASORIOS DE SEGURIDADE VIARIA

- Ás 18.11 horas do 22 de xaneiro, produciuse un accidente da clase `contra obstáculo fixo´ na rúa Eduardo Dato, cando un Seat León chocou contra un Ford Ka que estaba estacionado. O condutor, un home de 57 anos, arroxou uns resultados positivos (0,52 e 0,51 mg/l) nas probas de alcoholemia, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado como autor dun posible delito contra a seguridade viaria. Do vehículo que conducía fíxose cargo un condutor alternativo.

- Ás 01.15 horas do 23 de xaneiro, tivo lugar un accidente da clase `contra obstáculo fixo´ na rúa Ramón Cabanillas, no que estiveron implicados tres vehículos: un turismo Hyundai en movemento e un Volkswagen Passat e un Seat Ibiza estacionados. O condutor do Hyundai, un home de 52 anos, arroxou uns resultados positivos (0,96 e 0,95 mg/l) nas probas de alcoholemia, polo que se lle tramitaron dilixencias ao xulgado como autor dun posible delito contra a seguridade viaria. Do vehículo que conducía fíxose cargo unha coñecida do condutor.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión