Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Seguridade cidadá

Campaña de control de drogas e alcol

Cando:

Dende o 10/12/2018 ata o 16/12/2018

Do 10 ao 16 de decembro do 2018

Segundo os datos do Observatorio Europeo para a Seguridade Viaria (ERSO), arredor do 25% de todas as mortes na estrada en Europa están relacionadas co alcol, mentres que, aproximadamente, só o 1% do total de quilómetros percorridos son conducidos por persoas con 0,5 g/l de alcol no sangue ou máis.

A medida que a concentración de alcol no sangue (BAC) aumenta na persoa condutora, a taxa de incidencia de accidentes tamén se incrementa. O aumento da taxa de incidencia de accidentes que se deriva dun aumento da taxa de alcoholemia é progresivo. En comparación cunha persoa condutora sobria, a taxa de incidencia de accidente dunha persoa condutora cunha taxa de alcoholemia de 0,8 g/l (sendo este o límite legal en 3 dos 25 estados membros da UE, en España é 0,3 g/l), é 2,7 veces maior que a dunha persoa condutora sobria. Cando unha persoa condutora ten unha taxa de alcoholemia de 1,5 g/l a súa taxa de incidencia de accidente estímase que é 22 veces maior que a dunha persoa condutora sobria.

Non só a taxa de incidencia de accidentes aumenta rapidamente co aumento da taxa de alcoholemia, o accidente tamén se volve máis grave. Cunha taxa de alcoholemia de 1,5 g/l a taxa de incidencia de accidentes de gravidade mortal é aproximadamente 200 veces maior que cando se trata de persoas condutoras que non inxeriron alcol.

A Estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020 establece como un dos seus trece indicadores o seguinte:

· Baixar do 1% os positivos de alcoholemia nos controis preventivos aleatorios.

Deseñáronse unha serie de intervencións para levar a cabo para combater a inxesta de alcol e drogas durante a condución:

  • Desenvolver programas de reincidentes no consumo de alcol e drogas.
  • Mellorar a información de prevalencia e risco.
  • Planificación de controis de drogas.
  • Modificacións normativas en relación ao consumo de drogas.
  • Formación especializada de axentes.
  • Abordar o uso terapéutico dos medicamentos.

A principal razón da posta en marcha desta nova campaña de vixilancia e control, que se levará a cabo entre os días 10 e 16 de decembro, á marxe dos datos de persoas falecidas, é que o aumento dos controis preventivos é un dos factores que está a favorecer un cambio de comportamento da cidadanía sobre esta materia.

EFECTOS DO ALCOL NA CONDUCIÓN

EFECTOS DO ALCOL NA CONDUCIÓN (g/l de alcol en sangue)

De 0,3 ata 0,5g/l

(Inicio zona de risco)

De 0,5 a 0,8g/l

(Zona de alarma)

De 0,8 a 1,5g/l

(Condución perigosa)

De 1,5 a 2,5g/l

(Condución altamente perigosa)

Aumento tempo de reacción

Peor percepción de distancia

Graves problemas de percepción

Graves problemas de percepción, de atención, de control e coordinación

Subestímase a velocidade

Problemas de visión

Grandes problemas de atención e coordinación

Problemas de coordinación

Incremento da somnolencia

· De 0,3 a 0,5 g/l: Excitabilidade emocional, diminución da agudeza mental e da capacidade de xuízo.

O risco de sufrir un accidente multiplícase por 2.

· De 0,5 a 0,8 g/l: Reacción xeral máis lenta, alteracións nos reflexos, comezo da perturbación motriz, euforia na persoa condutora, distensión e benestar, tendencia á inhibición emocional, comezo da impulsividade e agresividade ao volante.

· De 0,8 a 1,5 g/l: Estado de embriaguez importante, reflexos moi perturbados, perda do control preciso dos movementos, problemas serios de coordinación, dificultades de concentración da vista, diminución notable da vixilancia e percepción do risco.

· De 1,5 a 2,5 g/l: O risco de sufrir un accidente multiplícase por 15.

No ano 2015, segundo consta na Memoria do Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses, realizáronse análises toxicolóxicas a 638 persoas condutoras falecidas en accidente de circulación:

  • O 90,75% de persoas falecidas son homes e o 9,25% eran mulleres.
  • O 43,10% (275) das persoas condutoras falecidas presentaron resultados positivos en sangue a drogas e/ou psicofármacos e/ou alcol.
  • O 56,90 % das persoas condutoras deron resultados negativos.

Sendo esta a distribución porcentual positiva segundo tipo de tóxico:

  • No 66,91% (184) dos casos con resultado positivo detéctase alcol só ou asociado a drogas e/ou psicofármacos.
  • No 31,64% (87) dos casos con resultado positivo detéctanse drogas de abuso soas ou asociadas con alcol e/ou psicofármacos.
  • No 26,55% (73) dos casos con resultado positivo detéctanse psicofármacos sós ou asociados con alcol e/ou drogas.

IDEAS DE FORZA:

- Aínda que nos creamos en pleno uso das nosas facultades físicas e mentais coa inxesta de alcol estamos a multiplicar o risco de sufrir un accidente.

- Hai que ser consecuente: trata de impedir que outras persoas que bebesen collan o coche. En todo caso, nunca subas ao coche con ela.

- O alcol non só está relacionado cunha maior accidentalidade, senón que tamén repercute nunha maior mortalidade, ao ser un factor relacionado cun peor prognóstico nas lesións sufridas.

- Aínda con taxas de alcoholemia dentro das marxes legais permitidas, o noso nivel de risco de accidente de tráfico pódese ver incrementado. A única taxa segura é 0,0%.

PRESENZA DE SUSTANCIAS PSICOACTIVAS EN PERSOAS CONDUTORAS IMPLICADAS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO

No ano 2015, 41.457 persoas condutoras estiveron implicadas en accidentes con vítimas en vías interurbanas, e realizáronselles control de alcoholemia ao 67% delas. Débese ter en conta que cando as persoas condutoras implicadoa en accidente resultan falecidas ou feridas de gravidade, o test de alcol en aire expirado é imposible ou moi difícil de realizar. Esta circunstancia apréciase nas seguintes cifras: no caso das persoas condutoras falecidas non se realizou ningunha proba en aire por parte das persoas axentes, no caso das persoas condutoras feridas hospitalizadas realizáronselles ao 25% delas, no caso das persoas feridas non hospitalizadas realizóuselles proba ao 61% e no caso das persoas ilesas ao 85%.

En canto aos resultados das probas realizadas ás persoas condutoras implicadas en accidente con vítimas nas vías interurbanas, os resultados son os seguintes: no caso das persoas condutoras falecidas non se realizou ningunha proba en aire como xa se comentou; respecto das feridas hospitalizadas, o 9% foron positivos ao test de alcol; as persoas feridas non hospitalizadas foron positivos no 7% dos casos e as persoas condutoras sen asistencia sanitaria no 4% dos tests.

- Resultados das probas de alcoholemia en persoas condutoras implicadas en accidente con vítimas en vías interurbanas. 2015.

Lesividade

Total persoas condutoras

Persoas condutoras con proba

% de persoas condutoras con proba

Persoas condutoras con proba positiva

Porcentaxe positiva de alcoholemia

Persoas falecidas

642

2

0%

0

-

Feridas hospitalizadas

2.626

659

25%

57

9%

Feridas non hospitalizadas

21.684

13.124

61%

928

7%

Sen asistencia sanitaria

16.239

13.754

85%

615

4%

Sen clasificar

266

170

64%

5

3%

Total

41.457

27.709

67%

1.605

6%

MAXIMA COLABORACIÓN DE POLICÍA LOCAL

Como vén sendo habitual nas campañas que leva a cabo a DXT, a colaboración das policías locais e autonómicas foi moi importante, xa que os controis de alcol e drogas realizáronse tanto en vías interurbanas como en urbanas e non só pola noite, senón tamén durante o día.

Participaron na campaña 345 concellos, e obtivéronse os resultados globais seguintes:

Probas realizadas

Probas positivas

% positivos sobre total probas realizadas

Alcol

53.377

1.203

2,25%

Drogas

1.105

206

18,64%

NORMATIVA APLICABLE

A aposta da DXT por erradicar as persoas condutoras que se poñen ao volante tras inxerir algún tipo de sustancia psicoactiva é o que levou a este organismo a incrementar as sancións e poñer no punto de mira aos reincidentes na Lei de seguridade viaria.

VIA ADMINISTRATIVA: a Lei de seguridade fixa as taxas máximas de alcol permitidas para as persoas condutoras. Así como a prohibición de conducir con presenza de drogas no organismo.

Taxas máximas do alcol permitidas para conducir:

PERSOAS CONDUTORAS

LÍMITE EN SANGUE

LÍMITE EN AIRE EXPIRADO

XERAL

0'5 gr./l

0'25 mg/l

PROFESIONAIS

0'3 gr./l

0'15 mg/l

NOVEIS

0'3 gr./l

0'15 mg/l

VIA PENAL: O capítulo IV do Código Penal tipifica os delitos contra a seguridade do tráfico e establece as seguintes penas por conducir con exceso de alcol e baixo a influencia de drogas.

DELITO

PENAS

ALCOL

Taxas superiores a:

- 0.60 mg/l en aire

- 1,2 gr/l en sangue

Prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de 30 a 90 días, e privación do dereito para conducir de un ata catro anos

Negativa a someterse ás probas

Prisión de seis meses a un ano e privación do dereito para conducir de un a catro anos

DELITO

PENAS

DROGAS

Conducir baixo a influencia de drogas tóxicas, estupefacientes ou sustancias psicotrópicas

Prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de 30 a 90 días, e privación do dereito para conducir de un ata catro anos

Negativa a someterse ás probas

Prisión de seis meses a un ano e privación do dereito para conducir de un a catro anos

SANCIÓNS:

Debido á importancia que este factor ten na sinistralidade viaria, a reforma da Lei de seguridade viaria deu un paso adiante, e incrementou as sancións e puxo as persoas reincidentes no punto de mira.

Para estas persoas condutoras, tomadas como tales aquelas que fosen sancionadas no ano inmediatamente anterior por dar positivo a alcol, a sanción é de 1.000 € e a detracción de 6 puntos.

Esta mesma sanción e detracción de puntos aplícase tamén a aquelas persoas condutoras que circulen cunha taxa que supere o dobre da permitida.

Para as non reincidentes e para as que dean unha taxa entre 0,25 e 0,50 mg/l a sanción é de 500 € e a detracción de 4 puntos.

No caso das drogas, a lei prohibe conducir con presenza de drogas no organismo da persoa condutora, e quedan excluídas as sustancias que se utilicen baixo prescrición facultativa e cunha finalidade terapéutica. Esta infracción catalogada como moi grave está castigada cunha sanción de 1.000 € e a retirada de 6 puntos.

ESTUDO DE LIÑA DIRECTA SOBRE "MITOS E FALSAS CRENZAS SOBRE OS CONTROIS DE ALCOHOLEMIA"

Co obxectivo de concienciar sobre o perigo de consumir alcol antes de conducir, pescudar que opinión e grao de coñecemento teñen as persoas condutoras sobre os controis de alcoholemia e desmitificar a existencia de trucos para enganar o alcoholímetro, Liña Directa Aseguradora elaborou no ano 2015, en colaboración con FESVIAL, este estudo.

Para a súa elaboración realizáronse entrevistas persoais a 1.256 persoas condutoras españolas - tanto de coche como de moto, ciclomotor e vehículos pesados con carnés tipo C e D- de toda España, con idades comprendidas entre os 15 e os 65 anos.

A enquisa realizouse durante 2 semanas (do 13 ao 27 de maio) e ten unha marxe de confianza do 97,2% e un erro mostral de +/- 2,8%.

Ademais das entrevistas, o informe inclúe unha proba empírica sobre o impacto ficticio que estes mitos teñen no organismo.

As principais conclusións que podemos extraer do estudo son as seguintes:

Algunhas persoas condutoras intentan alterar as probas de alcoholemia poñendo en práctica algúns trucos, que responden a unha serie de mitos e crenzas populares que anticipan que realizando este tipo de accións ou prácticas seremos capaces de enganar o etilómetro e librarnos, así, da sanción e a consecuente perda de puntos, o cal daría como resultado unha fórmula perfecta para pasar por encima da lei.

Nada disto funciona, cando se nos practica a proba de alcoholemia realizamos unha longa e continua espiración. Isto é debido a que a primeira porción de aire expirado durante a espiración é aire proveniente das vías respiratorias, polo que non estivo en contacto co sangue e a súa composición non variaría. Unha vez desprazado este volume, expélese o aire dos alvéolos. Este aire é o que sufriu verdadeiramente o intercambio de gases entre sangue e aire e é o valido para a proba, o que fai de todo punto imposible adulterar os resultados.

Durante moitos anos son moitas as afirmacións e prácticas que se foron formando en diferentes núcleos sociais. Algunhas perduran no tempo, xa que son adquiridas polas novas xeracións de mocidade condutora.

Un terzo dos entrevistados (30%) afirma crer que existen trucos que practican algunhas persoas condutoras para enganar os controis de alcoholemia e non dar positivo.

Entre os trucos máis citados destacan:

- Beber café/chupar ou inxerir

-Tomar caramelo/goma de mascar

- Beber auga/tomar xeo

- Facer deporte/suar

-Tomar azucre

- Beber aceite

- Durmir un intre antes de conducir

- Tomar almax

- Tomar pasta de dentes

- Beber leite

- Soprar amodo/soprar pouco

- etc...

Aínda que o estudo é concluínte en afirmar que ningún destes trucos resulta efectivo para burlar estes sistemas:

8 millóns de persoas condutoras cren poder enganar os controis de alcoholemia.

Beber ou chupar grans de café é o truco máis coñecido.

Case a metade das persoas españolas oíu falar destas trampas.

Uns 2,6 millóns de persoas condutoras utilizou estas prácticas para intentar non dar positivo.

Case 3 millóns aproban o seu uso para burlar a proba de alcoholemia.

2 de cada 3 persoas condutoras españolas non sabe o límite permitido de alcoholemia e o 94% descoñece o límite do delito.

O 86% considera que os controis de alcoholemia son unha medida preventiva, o 84% entende que constitúe unha medida disuasoria, o 66% cre que os controis de alcoholemia son unha medida recadatoria.

Finalmente, despois de identificar os principais mitos mediante a enquisa, o estudo testou a súa efectividade real probándoos nun home de 75 quilos e nunha muller de 69 quilos, aos que se lles deu cervexa, viño e combinados (xenebra ou vodka con refresco) ata acadar a taxa máxima permitida (0,25 mg/l de aire expirado). Ningún dos trucos do imaxinario colectivo que se testou nas persoas condutoras resultou funcionar, o que debe contribuír a desterrar definitivamente a validez destas crenzas.

Idea forza:

- Non valen trucos nin estraños inventos para intentar saltar a norma.

ESTUDO DE PREVALENCIA DO CONSUMO DE SUSTANCIAS PSICOACTIVAS ELABORADO POLA DXT EN 2015 (EDAP'15, DXT, 2016).

O 12% de españois que conducen turismos consumiron algunha droga de comercio ilegal e/ou alcol, antes de conducir. Este é o dato xeral do estudo de prevalencia do consumo de sustancias psicoactivas elaborado pola DXT en 2015 (EDAP´15, DXT, 2016).

Outros datos relevantes do estudo (en base á determinación de sustancias en fluído oral realizada na vía pública, e confirmados en laboratorio), son:

  • Un 10% das persoas condutoras que circulan polas vías públicas en España realizaron un consumo recente de drogas, con ou sen alcol.
  • Un 3% das persoas condutoras presentaron consumos recentes de alcol (por encima de 0,05 miligramos por litro de aire), con ou sen drogas.
  • Un 2% das persoas condutoras deron positivo ao test de alcol (>0,05 mg/l de aire expirado) sen consumir drogas.
  • Un 8,0% das persoas condutoras presentaron consumo recente de drogas sen tomar alcol.
  • As drogas máis consumidas entre as persoas condutoras continúa sendo o cannabis (7,5%), seguida da cocaína (4,7%). No 4% consumiron varias sustancias.

O consumo combinado de distintas sustancias psicoactivas segue sendo un problema importante en España. Un 4% das persoas condutoras participantes no estudo EDAP'15 consumiran máis dunha sustancia antes de conducir.

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 12/12/16 AO 18/12/16

ALCOL:

Total de probas realizadas: 174

Número total de resultado positivos: 15, dos cales:

-Número de positivos de persoas condutoras noveis: 2

-Número de positivos con infracción administrativa: 10

-Número de positivos con infracción penal: 3

DROGAS:

Número de probas realizadas: 8

Número de positivos: 3, dos cales:

- Un por cocaína + opiáceos

- Dous por anfetaminas + cannabis

Agrupación de Tráfico da Garda Civil

Probas realizadas

Probas positivas

% positivos sobre total probas realizadas

Alcol

127.892

1.394

1,09%

Drogas

1.417

519

36,63%

345 concellos que participaron na campaña

Probas realizadas

Probas positivas

% positivos sobre total probas realizadas

Alcol

53.377

1.203

2,25%

Drogas

1.105

206

18,64%

Campaña realizada no Concello da Coruña

Probas realizadas

Probas positivas

% positivos sobre total probas realizadas

Alcol

174

15

8,62%

Drogas

8

3

37,5%

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 05/06/17 AO 11/06/17

ALCOL:

Total de probas realizadas: 286

Número total de resultado positivos: 6, dos cales:

-Número de positivos con infracción administrativa: 2

-Número de positivos con infracción penal: 4

-Dilixencias por negativa á proba de alcoholemia: 1

DROGAS:

Número de probas realizadas: 13

Número de positivos: 7, dos cales:

- Cocaína: 5

- Cannabis/THC: 1

- Opioides: 1

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 11/12/17 AO 17/12/17

- Controis estáticos realizados: 10

- Controlados: 1182 vehículos

- Probas de alcoholemia realizadas: 172

- Probas con resultado positivo en alcol: 1 (taxa de trámite administrativo)

- Probas de drogas realizadas: 9

- Probas con resultado positivo: 2 (unha en cocaína e outra en THC)

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 04/06/18 AO 10/06/18

- Controlados: 1745 vehículos

- Probas de alcoholemia realizadas: 149

- Probas con resultado positivo en alcol: 0

- Probas de drogas realizadas: 7

- Probas con resultado positivo: 2 (unha en cocaína e outra en THC)

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?