Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Seguridade cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Campaña de control de uso do cinto e sistemas de retención infantil

Cando:

Dende o 11/03/2019 ata o 17/03/2019

Este evento xa rematou

Do 11 ao 17 de marzo de 2019

FINALIDADE

Do mesmo xeito que en ocasións anteriores, a DXT solicita a colaboración do Concello da Coruña para participar nunha campaña de vixilancia e control do uso do cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil (SRI), elementos de seguridade que son básicos e fundamentais na seguridade viaria e que reducen á metade o risco de morte en caso de accidente.

A campaña é especial para Galicia, baseándose en que na Comisión autonómica de Tráfico e seguridade viaria, presidida polo delegado do Goberno o 28 de febreiro analizouse o informe de accidentalidade do ano 2017 na nosa comunidade e, aínda que se destacaba o descenso histórico de accidentalidade mortal en Galicia (76 persoas falecidas fronte ás 106 do ano 2016) e a súa evolución positiva, como dato negativo recollíase o incremento da porcentaxe de falecidos/as en turismos e furgonetas que non usaban o cinto de seguridade (39% fronte ao 27% do ano anterior), dato que suscita unha importante preocupación.

Un dos obxectivos da Estratexia de Seguridade Viaria 2011-2020 é: "lograr que ningún neno/a perda a vida por non ir correctamente sentado nunha cadeira adecuada para o seu peso e medida".

CINTO DE SEGURIDADE

O cinto de seguridade é un elemento básico e fundamental da seguridade viaria e reduce á metade o risco de morte en caso de accidente, tamén en traxectos urbanos.

O airbag non é eficaz se non se complementa coa utilización do cinto de seguridade. O cinto de seguridade e o airbag están pensados para funcionar de forma complementaria.

O non utilizalo nos asentos traseiros aumenta ata 8 veces a probabilidade de que, nun choque frontal, unha persoa ocupante destas prazas golpee mortalmente a outro/a pasaxeiro/a dos asentos de diante.

Protexe tanto de saír despedido do habitáculo, como de impactar contra o parabrisas.

A 80 Km/h, un choque frontal sen levar posto o cinto de seguridade, adoita levar fatalmente aparellado resultado de morte ou lesións graves. O cinto acada unha máxima efectividade nas envorcaduras, onde se reduce un 77% o risco de morte.

Non levar posto o cinto de seguridade é, xunto coa velocidade e a condución baixo os efectos do alcol, un dos principais factores de risco na estrada.

O cinto debe estar:

  • Homologado
  • Ben ancorado
  • Co regrado correcto
  • Correctamente abrochado

Porcentaxe de redución de lesións:

Tipo de lesión

Persoa condutora

Pasaxeiros

Lesións cerebrais

33%

56%

Fracturas craniais

18%

18%

Feridas faciais

45%

64%

Lesións oculares

38%

40%

Fracturas faciais

6%

6%

Lesións pulmonares

33%

58%

SISTEMAS DE RETENCIÓN INFANTIL (SRI)

  • Os SRI son o mellor seguro de vida das nenas e dos nenos
  • Un/unha neno/a sen suxeición multiplica por 5 as posibilidades de sufrir lesións mortais ou graves
  • O 90% das lesións infantís graves ou mortais evitaríanse se se utilizasen SRI.
  • Nunca levar a/o nena/o nos brazos nin utilizar o mesmo cinto de seguridade para protexela/o.
  • Obrigatorio para nenas/os cunha altura inferior a 135 cm, aínda que é recomendable a súa utilización ata que se alcancen os 150 cm.
  • Asegurarse de que a cadeira está ben instalada.
  • Adaptar o repousacabezas e os arneses da cadeira a medida que a/o nena/o vaia crecendo
  • Coñecer as características da cadeira e que estas sexan adecuadas á medida, peso e idade das nenas e dos nenos
  • Utilizar pinzas de retención do cinto de seguridade é perigoso, dado que reduce notablemente a súa eficacia.
  • O AIRBAG. Xamais debe colocarse unha silliña, sobre todo instalada en sentido contraria á marcha, co airbag conectado.
  • Non baixar a garda nos traxectos curtos. Nos traxectos da casa ao colexio é onde se acumulan o maior número de condutas de risco.
  • As nenas e os nenos deberán viaxar en sentido contrario á marcha o maior tempo posible. Se se pode ata os 4 anos.
  • Os arneses ou o cinto non deberán ir retortos, nin folgados, nin dobrados.
  • O S.R.I. debe ir perfectamente instalado. Non debe moverse. A mellor opción é a ancoraxe mediante o sistema ISOFIX. A cabeza da/o nena/o nunca debe asomar por encima do respaldo da silliña. Se isto ocorre, indica que é preciso pasar a outra do grupo superior.
  • A familia debe dar sempre exemplo e poñer sempre o cinto.

Resultados da última campaña levada a cabo en 430 concellos en outubro de 2018:

Controlados SI NON Porcentaxe de uso
Cinto 235.815 229.687 6.128 97.4%
SRI 14.130 13.660 470 96.67%

NORMATIVA APLICABLE

Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

Artigo 13.4

  • A persoa condutora e as ocupantes dos vehículos están obrigados a utilizar o cinto de seguridade, cascos e demais elementos de protección e dispositivos de seguridade nas condicións e coas excepcións que, se é o caso, se determine regulamentariamente. Os/as condutores/as profesionais, cando presten servizo público a terceiras persoas, non se considerarán responsables do incumprimento desta norma por parte das persoas ocupantes do vehículo.
  • Por razóns de seguridade viaria, poderase prohibir a ocupación dos asentos dianteiros ou traseiros do vehículo polos/as menores en función da súa idade ou medida, nos termos nos que se determine regulamentariamente
  • Por razóns de seguridade viaria, o novo texto permite que se poida prohibir a ocupación dos asentos dianteiros ou traseiros do vehículo aos/ás menores en función da súa idade ou medida, así como a posibilidade que teñen os axentes de inmobilizar o vehículo se non se dispón do dispositivo de retención infantil axeitado.

Artigo 47

  • A persoa condutora e ocupantes de vehículos de motor e ciclomotores están obrigados a utilizar o cinto de seguridade, o casco e demais elementos de protección nos termos que regulamentariamente se determine.

Rel decreto 1428/2003 polo que se aproba o Regulamento xeral de circulación.

Artigo 116

  • As/os condutoras/es e ocupantes de vehículos de motor e ciclomotores están obrigados a utilizar o cinto de seguridade, o casco e demais elementos de protección, coas excepcións que se fixen
  • As infraccións ás normas de utilización dos cintos de seguridade, o casco e outros dispositivos de seguridade de uso obrigatorio terán a consideración de graves

Artigo 117

  • A persoa condutora e as ocupantes dos vehículos están obrigados a utilizar, debidamente abrochados, os cintos de seguridade homologados, tanto na circulación por vías urbanas como interurbanas. Esta obriga, no que se refire aos cintos de seguridade, non será esixible naqueles vehículos que non os teñan instalados.
  • As/os menores de idade de estatura igual ou inferior a 135 centímetros deberán utilizar SRI e situarse no vehículo de acordo co disposto nos apartados seguintes.
  • Nos vehículos de máis de 9 prazas, incluída a persoa condutora, as persoas pasaxeiras serán informadas da obriga de levar abrochados os cintos de seguridade ou outros SRI, polo/a condutor/a, polo guía ou pola persoa encargada do grupo, a través de medios audiovisuais ou mediante letreiros ou pictogramas, de acordo co modelo que figura no anexo IV, colocado en lugares visibles de cada asento.
  • Nestes vehículos, os/as menores de idade de estatura igual ou inferior a 135 centímetros de 3 ou máis anos deberán utilizar SRI homologados debidamente adaptados á súa medida e peso. Cando non se dispoña destes sistemas utilizarán os cintos de seguridade, sempre que sexan adecuados á súa medida e peso.
  • Nos vehículos de ata 9 prazas, incluída a persoa condutora, os/as menores de idade de estatura igual ou inferior a 135 centímetros de 3 ou máis anos deberán utilizar sistemas de retención infantil homologados debidamente adaptados á súa medida e peso. Os/as devanditos/as ocupantes deberanse situar nos asentos traseiros. Excepcionalmente poderán ocupar o asento dianteiro, sempre que utilicen SRI homologados debidamente adaptados á súa medida e peso, nos seguintes casos:
  • Cando o vehículo non dispoña de asentos traseiros.
  • Cando todos os asentos traseiros estean xa ocupados polos/as menores de idade de estatura igual ou inferior a 135 centímetros de 3 ou máis anos
  • Cando non sexa posible instalar nos devanditos asentos todos os sistemas de retención infantil.
  • No caso de que ocupen os asentos dianteiros e o vehículo dispoña de airbag frontal, unicamente poderán utilizar sistemas de retención orientados cara atrás se o airbag foi desactivado.

Artigo 119. Exencións

-Poderán circular sen os cintos ou outros sistemas de retención homologados:

  • As/os condutoras/es, ao efectuar a manobra de marcha atrás ou de estacionamento.
  • As persoas provistas dun certificado de exención por razóns médicas graves ou discapacitadas. Este certificado deberá ser presentado cando o requira calquera axente da autoridade responsable do tráfico (todo certificado deste tipo expedido pola autoridade competente dun Estado membro da Unión Europea será válido en España acompañado da súa tradución oficial).

-A exención alcanzará igualmente cando circulen en poboado, pero en ningún caso cando o fagan por autoestradas, autovías ou estradas convencionais, a:

  • Os/as condutores de taxis cando estean de servizo. Así mesmo, cando circulen en tráfico urbano ou áreas urbanas de grandes cidades, poderán transportar a persoas cuxa estatura non alcance os 135 centímetros sen utilizar un dispositivo de retención homologado adaptado á súa medida e ao seu peso, sempre que ocupen un asento traseiro.
  • Os distribuidores de mercadorías, cando realicen sucesivas operacións de carga e descarga de mercadorías en lugares situados a curta distancia uns doutros.
  • Os/as condutores/as e pasaxeiros/as dos vehículos en servizos de urxencia.
  • As persoas que acompañen a un alumno/a ou aprendiz durante a aprendizaxe da condución

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 13/03/17 AO 19/03/17

3538 vehículos controlados, dos cales:

  • 3373 turismos
  • 107 taxis
  • 24 autobuses
  • 34 vehículos de mercadorías

Denuncias:

  • 19 condutores/as, de 3538 vehículos
  • 6 pasaxeiros/as en praza dianteira, de 557 controlados
  • 3 pasaxeiros/as en prazas traseiras, de 191 controlados
  • NON SE REALIZARON DENUNCIAS RELACIONADAS CON SISTEMAS DE RETENCIÓN INFANTIL, de 63 controlados

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 11/09/17 AO 17/09/17

  • 663 vehículos controlados
  • 5 condutores/as denunciados/as
  • 253 vehículos nos que viaxaban acompañantes no asento dianteiro, 3 deles denunciados por non utilizar o cinto.
  • 98 vehículos nos que viaxaban acompañantes nos asentos traseiros, 1 deles denunciado por non utilizar o cinto de seguridade
  • 56 vehículos nos que viaxaban menores obrigados a utilizar SRI. Todos eles utilizaban SRI adaptado á medida e peso

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 12/03/18 AO 18/03/18

  • Turismos controlados: 1284
  • Taxis controlados: 71
  • Autobuses controlados: 21
  • Vehículos de mercadorías controlados: 71
  • Vehículos que levaban menores: 99
  • Denuncias realizadas: 8 (todas elas ás persoas condutoras)
  • Non se realizaron denuncias a pasaxeiros/as nin a condutores/as por non levar os menores SRI

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 14/05/18 AO 18/05/18

  • 1.131 turismos controlados
  • 25 taxis (25 non levaban, exentos)
  • 56 autobuses (todos levaban cinto)
  • 60 vehículos de mercadorías (11 si levaban/49 non levaban, exentos)
  • 11 condutores/as de turismos denunciados/as por non utilizar cinto
  • 1 pasaxeiro/a de asento dianteiro de turismo denunciado (de 160 controlados)
  • 1 pasaxeiro/a de asentos traseiros denunciado (de 68 controlados)
  • 54 menores controlados. Todos eles en asentos traseiros e utilizando SRI

RESULTADOS DO CONCELLO DA CORUÑA - CAMPAÑA DO 01/10/18 AO 07/10/18

Total de vehículos controlados: 2.183, dos cales:

  • 1754 turismos
  • 136 taxis
  • 64 autobuses
  • 229 vehículos de mercadorías

Total de denuncias realizadas: 11, das cales:

  • 4 por non utilizar o condutor do turismo o cinto
  • 1 por non utilizar o ocupante dianteiro dun vehículo de mercadorías o cinto
  • 4 por non utilizar o cinto o ocupante das prazas traseiras
  • 2 por non utilizar o SRI menores en prazas traseiras
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?