Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Seguridade cidadá

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Vehículos - Baixa definitiva e temporal

En que consiste?:

Baixa definitiva dun vehículo:

Todos os vehículos deberán descontaminarse ao final da súa vida útil, antes de ser sometidos a calquera outro tratamento para previr a xeración de residuos procedentes deles. Para iso, procederase á súa recollida e descontaminación, así como as demais operacións de tratamento, coa finalidade de mellorar a eficacia da protección ambiental ao longo do ciclo de vida dos vehículos.

Quedan excluídos os vehículos de época ou históricos, con valor de colección ou destinados a museos, en funcionamento ou desmontados por pezas.

Presencial

Que se necesita?:

BAIXA DEFINITIVA DE VEHÍCULOS

Turismos, furgóns e furgonetas ata 3,5 TM e vehículos de 3 rodas con cilindrada superior a 50 cc.

As baixas obrigatoriamente presentaranse e tramitaranse no CAT (Centro Autorizado de Tratamento).

Documentación:

  • Impreso de solicitude proporcionado polo CAT.
  • Identificación da persoa interesada: persoas físicas: DNI en vigor, permiso de condución español, tarxeta de residencia, pasaporte máis Número de Identificación de Estranxeiros. Este trámite poderá ser realizado por outra persoa coa condición de que achegue, ademais da documentación requirida, unha autorización asinada pola persoa interesada e o DNI da persoa autorizada. Persoas xurídicas: tarxeta de identificación fiscal da sociedade e acreditar a representación e identidade do que asine (impreso). Persoas menores ou incapacitadas: datos e firma do pai, nai ou titor, o seu DNI en vigor e documento que acredite o concepto polo que actúen.
  • Documentación do vehículo: permiso de circulación e tarxeta de ITV ou declaración de extravío ou denuncia de subtracción destes documentos.

O CAT encargarase de destruír o vehículo e de anotar a baixa electronicamente no Rexistro de Vehículos da DXT.

O cerficado de destrución que emiten os centros autorizados de tratamento, xustificará a baixa definitiva do vehículo desde esa data.

Lugar de tramitación:

Centros autorizados de tratamento de vehículos

Resto de vehículos (ciclomotores, motocicletas, vehículos pesados, vehículos especiais etc.)

Poderanse presentar as solicitudes de baixa no CAT ou na Xefatura de Tráfico (a tramitación faise da mesma forma que no suposto anterior).

En ambos os casos a baixa non devengará taxa sempre que se achegue o Certificado de Tratamento Ambiental ou o vehículo teña unha antigüidade de 15 ou máis anos desde a súa matriculación en España.

Vehículos agrícolas:

Ademais da documentación citada anteriormente deberán achegar o documento acreditativo da baixa no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola da Comunidade Autónoma.

Lugar de tramitación:

BAIXA TEMPORAL DE VEHÍCULOS

Pódese tramitar a baixa temporal dun vehículo polos seguintes motivos:

  • Por roubo ou subtracción do vehículo
  • Por motivos persoais
  • Por entregar o vehículo nun compravenda

Documentación:

  • Impreso de solicitude (facilítase na Xefatura Provincial de Tráfico ou pódese descargar a través da páxina web: www.dgt.es).
  • Aboamento da taxa correspondente, salvo en caso de subtracción.
  • Documento que acredite a identidade e domicilio da persoa interesada: persoas físicas: DNI, permiso de condución español, tarxeta de residencia, pasaporte e mais Número de Identificación de Estranxeiros. Este trámite poderá ser realizado por outra persoa coa condición de que achegue, ademais da documentación requirida, unha autorización asinada pola persoa interesada e o DNI da persoa autorizada. Persoas xurídicas: tarxeta de identificación fiscal da sociedade e acreditar a representación e identidade do que asine (impreso). Menores ou persoas incapacitadas: datos e sinatura do pai, nai ou titor, o seu DNI en vigor e documento que acredite o concepto polo que actúen.
  • Documentación do vehículo: permiso de circulación e tarxeta da Inspección Técnica de Vehículos - ITV.
  • Denuncia de subtracción do vehículo, se é o caso.

Vehículos agrícolas:

Ademais da documentación indicada anteriormente deben achegar:

  • Documento acreditativo da baixa no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola da Comunidade Autónoma.

Alta do vehículo en situación de baixa temporal:

Documentación:

  • Impreso de solicitude (facilítase na Xefatura Provincial de Tráfico ou pódese descargar a través da páxina web: www.dgt.es).
  • Aboamento da taxa correspondente, salvo en caso de subtracción.
  • Documento que acredite a identidade e domicilio da persoa interesada: persoas físicas: DNI, permiso de condución español, tarxeta de residencia, pasaporte máis Numero de Identificación de Estranxeiros. Este trámite poderá ser realizado por outra persoa coa condición de que achegue, ademais da documentación requirida, unha autorización asinada pola persoa interesada e o DNI da persoa autorizada. Persoas xurídicas: tarxeta de identificación fiscal da sociedade e acreditar a representación e identidade do que asine (impreso). Menores ou incapacitados: datos e sinatura do pai, nai ou titor, o seu DNI en vigor e documento que acredite o concepto polo que actúen.
  • Documentación do vehículo: tarxeta da Inspección Técnica de Vehículos - ITV.
  • Acta de recuperación do vehículo, no caso de que se trate dunha baixa por subtracción.

Vehículos agrícolas:

Ademais da documentación indicada no punto anterior deben achegar:

  • Documento acreditativo da alta no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola da Comunidade Autónoma.

Lugar de tramitación: Xefatura Provincial de Tráfico

Internet

Teléfono

Máis información:

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?