Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Seguridade cidadá

Quen somos

escudo

O Corpo de Policía Local da Coruña é un instituto armado, de natureza civil con estrutura e organización xerarquizada.

As nosas metas pasan por motivar a cada membro do Corpo da Policía Local na mellora continua da nosa actividade facéndoos partícipes na toma de decisións, garantindo uns niveis adecuados de formación continua dos/as axentes, solicitando a colaboración cidadá para avanzar en aspectos relativos á convivencia e seguridade cidadá e transformar as necesidades da veciñanza nos nosos propios retos para entre todos lograr que a nosa cidade continúe sendo unha das máis seguras de España e seguimos traballando para mellorar a coordinación co Corpo Nacional de Policía con reunións periódicas e comunicacións diarias a través da Comisión de Coordinación Policial.

Realizamos controis preventivos e disuasorios de seguridade cidadá, seguridade viaria e de cumprimento de normas administrativas de convivencia nos espazos públicos da nosa cidade, na procura de mellorar a tranquilidade e a sensación xeral de seguridade e continuamos desenvolvendo campañas programadas con especial incidencia sobre o cumprimento de normas de convivencia que sirva de recordatorio para a cidadanía e de actualización de protocolos e criterios de actuación para os/as axentes do Corpo da Policía Local.

Estamos a traballar na mellora dos aspectos cuantitativos e cualitativos do servizo que nos demanda a cidadanía, mellorando a eficiencia e a celeridade na resolución dos asuntos, incrementando a asertividade e a empatía cos veciños e veciñas, traballamos na toma de decisións homoxéneas ante situacións similares e sempre observando a máis estrita legalidade nas nosas actuacións para cumprir coa nosa razón de ser: velar polos intereses xerais e de servizo á cidadanía.

En definitiva, continuamos esforzándonos as 24 horas do día para estar máis preto da cidadanía e para dar mellor e máis pronta resposta ás súas inquietudes e necesidades.

O noso obxectivo de calidade pasa pola mellora continua da satisfacción xeral coa policía local: satisfacción cidadá, satisfacción das autoridades municipais e auto-satisfacción dos propios axentes que formamos a organización policial.

Presentación

Onde estamos

Organización

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?