Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Seguridade cidadá

Recomendacións

Resultados: 18

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • ciclistas

    Na bicicleta

    Se es ciclista, consulta os consellos para mellorar a túa seguridade.

  • Riazor

    Partidos de risco

    Lembra que nos partidos de alto risco é necesario tomar algunhas precaucións.

  • coche

    No coche

    • Antes de saír: revisa o coche e comproba que levas todo o necesario.
    • Durante a viaxe: descansa polo menos cada dúas horas e extrema as precaucións.
    • Imprescindible: ao volante, nin unha pinga de alcol e respecta a velocidade de cada tipo de vía.

     

  • moto

    En moto

    Conducir unha motocicleta é divertido, emocionante, dáche unha sensación de liberdade indescritible e é un medio de transporte económico e rápido, pero tamén sabemos que é un medio inseguro, pois a diferenza dun coche, a carrocería da motocicleta é mínima, polo que un impacto nun accidente será recibido practicamente na súa totalidade pola persoa condutora e/ou o/a pasaxeiro/a, e isto sen contar con algunha caída.

  • colexio

    Imos ao cole

    Á hora de levar os nenos ao cole, é importante seguir estes pequenos consellos, para garantir a seguridade dos máis pequenos da casa.

     

  • Debuxo de tres viñetas, unha coa tubaxe de gas ardendo e unha man cortando a chave de paso do gas. A segunda, unha persoa realizando algo que nunca se debe facer, que é pulsar a tecla da luz cando hai un escape de gas. E a terceira viñeta infórmanos de que debemos cortar o gas e a corrente cando nos ausentamos un longo período de tempo.

    A seguridade da súa instalación de gas

    Os recintos onde hai aparellos de gas deben ter unha ventilación adecuada.

  • Debuxo dunha habitación, con dúas persoas, na que se ve o que non se debe facer (persoa fumando na cama, enchufes sobrecargados etc.)

    Para que non arda o teu fogar

    O uso inapropiado do lume, os descoidos na cociña e a mala conservación das instalacións de calefacción, poden provocar incendios no noso fogar.

  • Debuxo de escaladores escalando unha montaña.

    Non caias no descoido

    Tanto se é campista, excursionista ou montañeiro lembre que debido ao medio en que se desenvolven as actividades e ao perigo destas, presenta unhas regas e que a imprudencia fai que poidan producirse accidentes. Nunca debe Vde. ir só. En caso de accidente ou perda procure non moverse do lugar elixido para a espera, actúe con serenidade; e notifíquelles o suceso aos grupos de emerxencia canto antes.

  • Debuxo dun coche que choca contra unha árbore e en primeiro plano uns mozos cunha traca de petardos.

    Que non rebente a festa

    As festas son un motivo de alegría e goce para toda unha comunidade. Ao entrar nun lugar de pública concorrencia, fixarémonos nas saídas de emerxencia. Evitar subirse a marquesiñas, balcóns, estadas etc. non usar material pirotécnico se non se é experto... son algunhas das recomendacións para que non se acabe a festa.

  • Debuxo de dúas persoas por un deserto cun sol de xustiza e con moita sede.

    Ondas de calor e seca

    As ondas de calor e seca son consecuencia dun acusado descenso do nivel de choivas acompañadas normalmente de moita calor durante bastante tempo. Isto provoca problemas de abastecemento de auga, fatiga, mareos etc. Ante unha onda de calor, debe prestar atención ás emisoras de radio e televisión xa que nos darán as instrucións que hai que seguir.

     

Resultados: 18

  • 2 Páxinas
  • 1
  • 2
  • >
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?