Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller infantil de tarxetas de Nadal shaker

Taller infantil de tarxetas de Nadal shaker

A quen vai dirixido?:

Menores entre 7 e 11 anos de idade

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/12/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/12/2019 ata o 19/12/2019

O horario de inscrición será de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h.

As prazas adxudicaranse por orde de chegada ata esgotalas.

Enderezo:

Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña

Número de prazas:

15

Prezo:

Gratuíto

Requisitos:

Ter entre 7 e 11 anos de idade e realizar a inscrición no período sinalado para iso.

Organiza:

Centro Cívico Cidade Vella

Contacto:

Centro Cívico Cidade Vella

Rúa Vedoría, 2

Telf.: 981 189 885

ccciudadvieja@coruna.es

O taller constará de dúas partes:

1.- A primeira parte consistirá en crear o noso Apalpador para colgalo na árbore de Nadal e mentres a van facendo as/os monitoras/es de contarán a historia do Apalpador: Figura mitolóxica dun carboeiro ligado á tradición do Nadal e procedente da zona do Caurel e Cebreiro, aínda que existe por toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 31 de decembro para visitar as nenas e os nenos, tócalles o ventre para comprobar que comeron ben durante todo o ano e déixalles unha bolsa chea de castañas e deséxalles que teñan un bo ano cheo de felicidade e "fartura"( abundante comida).

2.- Nesta segunda parte do taller realizarase unha tarxeta de Nadal. As shaker card son un formato de tarxeta scrap divertida e orixinal que pode servir para colgala na árbore de Nadal ou para enviarlla a unha persoa querida.

O material achegarao a organización.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión