Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visita guiada á Casa Museo María Pita

Anímate a coñecer en profundidade esta Casa Museo con tanta relevancia nesta cidade. Punto de encontro: r/ Herrerías, 28.

A quen vai dirixido?:

Poboación adulta

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/03/2018

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 12/03/2018 ata o 22/03/2018

Prazas limitadas

Horario:

Ás 18:00 horas

Duración:

1 hora

Enderezo:

Centro Cívico Os Rosales. Praza Elíptica 1. 15011 A Coruña

Requisitos:

Inscrición previa na conserxería do centro cívico

Organiza:

Centro Cívico Rosales/Colabora: Concellería de Cultura

Contacto:

Centro Cívico Rosales

Praza Elíptica, 1

A Coruña

981184350/ccrosales@coruna.es

Visitaranse as seguintes salas:

Planta baixa: recreación da casa de María Pita, a vella: nesta sala podemos contemplar a reconstrución de dúas das estancias da vivenda, a tenda que se atopaba no baixo e o dormitorio principal, así como unha breve descrición das vivencias de María Pita.

Sala 1: o Reino de Galicia nos séculos XVI-XVII: esta sala ten carácter introdutorio, pensado para lles ofrecer ás persoas visitantes unha serie de informacións básicas sobre a situación de Galicia nos séculos XVI e XVII e algúns dos cambios experimentados nese tempo.

Sala 2: a morfoloxía urbana da Coruña nos séculos XVI e XVII: nesta sala descríbese a distribución urbana, económica e social da cidade naquela época.

Sala 3: o enfrontamento hispano-inglés: esta sala analiza as relacións entre España e Inglaterra e os factores que acabaron desembocando no ataque á cidade da Coruña en 1589.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión