Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de maio de 2018

A Concellería de Xustiza Social convoca unha liña de subvencións de 100.000 euros para as entidades sociais que realicen proxectos de inclusión

A Xunta de Goberno local aprobará na súa vindeira reunión as bases das axudas, para as que poderán presentarse un máximo de tres iniciativas por agrupación e que poden recibir ata 8.000 euros para cada unha delas.

A Concellería de Xustiza Social e Coidados convoca subvencións para que as entidades sociais sen ánimo de lucro da cidade realicen actividades ou proxectos de interese social no presente ano. A Xunta do Goberno local tratará na súa vindeira reunión a aprobación da convocatoria, que destina 100.000 euros en total a estas actividades, cun límite de 8.000 euros por proxecto que suporá un máximo do 80% do custe total da iniciativa. A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, indica que esta liña de axudas teñen como finalidade "a posta en marcha de actividades ou o reforzo das xa existentes, así como a colaboración e o impulso das entidades que traballan por unha cidade máis igualitaria e máis xusta a través de iniciativas de promoción e reinserción social".

A convocatoria permite que cada entidade poda solicitar subvencións para un máximo de tres proxectos, que deberán ir acompañados cadanseu da súa memoria explicativa, así como de un orzamentos de ingresos e gastos, entre outra documentación. O prazo de presentación das solicitudes é dun mes dende o día seguinte á publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tal e como indica a concelleira, na valoración das iniciativas teranse en conta criterios referidos á entidade, que terán un peso do 15%, e ao proxecto, que valerán o 85% restante. Deste xeito, terase en conta o contido e a calidade da memoria, a transversalidade de xénero no proxecto e a súa tipoloxía, aspecto no que se primarán as iniciativas de inclusión social para a cobertura de necesidades básicas por riba doutras actividades enfocadas á difusión ou sensibilización, entre outras. Tamén se puntuará segundo o perfil das persoas beneficiarias do proxecto, a súa complementariedade cos traballos dos servizos municipais, a súa duración e o uso de lingua galega e inclusiva. A convocatoria especifica que serán gastos subvencionables as contratacións necesarias para o desenvolvemento do proxecto, cos límites indicados nas bases, así como outros custes de funcionamento da entidade, directos ou indirectos, que estean directamente relacionados ou sexan necesarios para levar a cabo a iniciativa.

Por outra parte, a Xunta de Goberno local tamén abordará a proposta de prórroga do servizo de lecer comunitario e animación sociocultural nos centros cívicos municipais, que, tal e como contempla o contrato asinado coa empresa concesionaria, pode estenderse por un ano máis, prazo que comezará no mes de xullo.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión