Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de maio de 2017

A Coruña e sete cidades máis de todo o Estado rexeitan o proxecto de lei estatal sobre pobreza enerxética “ao non evitar os cortes de subministro a persoas en risco de exclusión”

A concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, presentou en Barcelona, xunto con representantes dos Gobernos da capital catalá, Madrid, Valencia, Zaragoza, Córdoba, Cádiz e Santiago de Compostela, alegacións á iniciativa do Executivo centra

A concelleira de Xustiza Social, Silvia Cameán, denunciou esta mañá en Barcelona o proxecto de lei que prepara o Goberno central sobre pobreza enerxética que regula o bono social e a figura do consumidor vulnerable, ao entender que "non evitará os cortes de subministro a persoas en risco de exclusión", motivo polo cal a edil, en representación do Goberno local da Coruña, e concelleiras e concelleiros de Barcelona, Madrid, Cádiz, Córdoba, Zaragoza, Valencia e Compostela, presentaron alegacións á iniciativa impulsada polo Ministerio de Enerxía do Goberno central.

Cameán insistiu en que o proxecto de real decreto elaborado polo Goberno central "antepón a defensa das compañías eléctricas en detrimentos dos e das consumidoras máis vulnerables". "A defensa das familias e persoas en risco de exclusión social queda supeditada á existencia previa dunha administración pública que asuma por adiantado o pago das facturas pendentes, e ademais, deixa en mans das propias empresas comercializadoras a prerrogativa de determinar a condición ou non de vulnerabilidade da familia consumidora", comentou.

Cameán recordou que o Concello da Coruña ten en marcha un convenio con diversas distribuidoras eléctricas de cara a evitar cortes de subministro e, polo tanto, que existan veciños e veciñas na cidade que sofran pobreza enerxética. "Pedimos o mesmo compromiso que estamos a amosar as institucións locais, aínda a pesar da situación de asfixia continuada que nos impón o Goberno central", insistiu.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión