16 de outubro de 2018
Exercicio 2018
Convocatoria específica de axudas para o mantemento de taxis adaptados
Hoxe publícase no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal a proposta de resolución definitiva acerca da convocatoria específica de axudas para o mantemento de taxis adaptados correspondentes ao exercicio 2018.
Ábrese un prazo de dez días hábiles que se contarán desde mañá para comunicar a aceptación ou a renuncia da axuda de maneira expresa. Se a aceptación non se presentase dentro do prazo referido, entenderase que a subvención se acepta de maneira tácita.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible