Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Na noticia podes consultar as datas das festas e talleres de Entroido que se realizarán nos centros cívicos
Nos centros cívicos da cidade realizaranse festas con animación musical e talleres de Entroido.
Festas de Entroido
Para asistir ás festas é necesario retirar a invitación. No centro cívico correspondente informarante do horario da festa, así como da data a partir da cal se poden retirar as invitacións.
Todos/as os/as menores terán que estar acompañados/as durante toda a festa por unha persoa adulta responsable do/a menor.
Mércores, 7 de febreiro: centro cívico San Diego
Xoves, 8 de febreiro: centros cívicos de Palavea e Elviña
Venres, 9 de febreiro: centros cívicos de Mesoiro, Rosales e Monelos
Sábado, 10 de febreiro: centros cívicos de Cidade Vella, Eirís e Os Mallos
Domingo, 11 de febreiro: centros cívicos de Novoboandanza
Luns, 12 de febreiro: centros cívicos de Labañou, Feáns, Castrillón e Monte Alto
Talleres de Entroido para menores de 4 a 10 anos
Os talleres teñen unha duración de dúas horas e son gratuítos. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición na conserxería do centro cívico correspondente a partir do 5 de febreiro.
Xoves, 8 de febreiro de 18.00 a 20.00 h: elaboración de caretas no centro cívico San Pedro de Visma
Luns, 12 de febreiro de 11.00 a 13.00 h:
Creación de complementos de Entroido para photocall nos centros cívicos de Pescadores e da Silva
Elaboración de caretas no centro cívico de Artesáns
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible