Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de decembro de 2018

Consello Local de Saúde

O Consello Local de Saúde mantivo a súa primeira reunión o día 30 de outubro de 2018; día no que se formalizou a súa constitución.

O acto estivo presidido polo alcalde Xulio Ferreiro e asistiron as persoas representantes do goberno local e do resto de formacións da Corporación. O Consello Local de Saúde quedou constituído coa participación dos sindicatos CCOO, UXT, CIG e CSIF e 27 asociacións e federacións do ámbito sanitario.

Na sesión extraordinaria realizada o día 29 de novembro procedeuse á elección da vicepresidencia e vogalías do Consello entre as candidaturas propostas polas entidades que o forman, e resultou do proceso de elección o seguinte:

Vicepresidencia: Gerardo Rodríguez Velo, en representación de Asociación Agalure

Vogalías:

Vogal 1º: Adriana Ávila Álvarez, en representación de Facultade de Ciencias da Saúde  - Universidade da Coruña

Vogal 2º: Ramón Sáez Pérez, en representación do Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña

Vogal 3º: Ramón Veras Castro, en representación de SOS Sanidade Pública A Coruña

Vogal 4º: Fátima Pérez Pérez, en representación de Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña

Vogal 5º: Santiago Grandío Losada, en representación de Asociación Coruñesa de Epilepsia

Vogal 6º: Mª Luz González Doniz, en representación de Facultade de Fisioterapia - Universidade da Coruña

Vogal 7º: Mercedes Seoane Bouzas, en representación do Colexio Oficial de Terapeutas Ocupacionais de Galicia.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión