Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2019

Este é un programa gratuíto levado a cabo pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación do Concello da Coruña.

Convocatoria de setembro do Programa de envellecemento activo 2019

Hoxe comeza a inscrición nos centros cívicos municipais en horario de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h. A adxudicación de prazas farase mediante un sorteo.

As datas de inscrición son do 16 ao 18 de setembro de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas nos centros cívicos municipais.

Este programa ten como obxectivos a prevención da deterioración física, cognitiva e de saúde que vai asociada á idade, co obxecto de lograr un envellecemento activo e saudable e unha mellora da calidade de vida, prestándolle unha especial atención ao contexto social e á comunidade, propiciando a comunicación, a participación e o intercambio social.

No programa de Envellecemento activo realízanse accións de:

  • Prevención da deterioración física (ximnasia suave, ximnasia de lombo, ximnasia de mantemento, pilates, "En forma bailando", paseos saudables e Ximnasia +75)
  • Promoción da actividade cognitiva (técnicas de relaxación e control da ansiedade, estimulación e reforzo da memoria, taller de escritura creativa, taller de benestar emocional, Taller +75) 
  • Promoción e prevención da saúde (Taller Cóidome+75)
  • Promoción de novas tecnoloxías (Manexo de smartphones, tabletas e iniciación ás redes sociais, Iniciación ao manexo da internet e redes sociais)

Nesta convocatoria segue habendo unha liña de talleres dirixidos especificamente a maiores de 75 anos, atendendo ás necesidades e contidos específicos que poden interesar a este grupo de idade, sen prexuízo de que poidan participar nas outras actividades xerais do programa. En concreto realízanse na liña "+75" as seguintes accións:

  • Ximnasia +75, que consiste na realización de exercicios de flexibilidade e de tonificación muscular, de control tónico e muscular, de ritmo, de orientación espacial e temporal, de respiración e relaxación, e exercicios para favorecer o equilibrio.
  • Cóidome +75, que ten como contidos: o autocoidado xeral, a alimentación saudable, coidados de pel, vista, dentición, memoria, toma de medicación, lecer e relax.
  • Taller +75, no que se realizarán diversas actividades que poden interesar a este sector de idade, algunhas delas serán: discoforum (oír, comentar letras de cancións, contextualizalas no tempo, cantar...), lectura e comentario de textos actuais e antigos, recompilación de recordos de vida, de fotografía antigas...)

No arquivo adxunto pódense comprobar as accións do programa, os centros nos que se van levar a cabo e as datas e horarios de realización.

Documentos:

Convocatoria de septiembre del Programa envejecimiento activo 2019 (454 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión