Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de abril de 2016

Contacontos en conmemoración do Día do Libro

Consulta nos centros cívicos as datas de inscrición para as diferentes actividades.

Para conmemorar o Día do Libro, nos centros cívicos levaranse a cabo diferentes accións como mostras bibliográficas, exposición de paneis informativos, visitas guiadas ás bibliotecas municipais etc.

Dirixidos a nenas e nenos de 4 a 7 anos, realizaranse contacontos a través dos cales poderán vivir fantásticas aventuras acompañados polos personaxes máis famosos dos contos.

Podes consultar na seguinte listaxe a temática dos contacontos e os centros cívicos nos que se realizarán.

  • "Aventuras no reino de Fantasía"

Dous irmáns son atrapados nun conto no que vivirán unha chea de aventuras acompañados por gnomos, bruxas e fadas.

  • Venres 15 de abril ás 18.00 h no Centro Cívico de Monelos
  • Venres 22 de abril ás 17.00 h no Centro Cívico de Mesoiro
  • Sábado 23 de abril ás 12.00 h no Centro Cívico Eirís
  • Martes 26 de abril ás 17.00 h no Centro Cívico Novoboandanza
  • Venres 29 de abril ás 18.00 h no Centro Cívico Rosales
  • "O Club de Bremen"

Catro intrépidos animais únense para formar un club de lectura no que vivirán e compartirán momentos marabillosos.

  • Sábado 16 de abril ás 18.00 h no Centro Cívico Palavea
  • Mércores 20 de abril ás 18.00 h no Centro Cívico Elviña
  • Venres 22 de abril ás 17.30 h no Centro Cívico Cidade Vella
  • Venres 22 de abril ás 18.30 h no Centro Cívico Os Mallos
  • "Salvando Imagilandia"

Os viláns de todos os contos únense para acabar cos finais felices, pero todos xuntos venceremos e comeremos perdices.

  • Mércores 20 de abril ás 18.00 h no Centro Cívico Artesáns
  • Sábado 23 de abril ás 12.00 h no Centro Cívico Labañou

As prazas son limitadas, polo que é necesario anotarse previamente nas conserxerías dos centros cívicos onde se realizarán os contacontos.

Todas as nenas e os nenos que acudan, deberán estar acompañados por unha persoa adulta durante todo o contacontos (duración aproximada 45 minutos).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión