Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de setembro de 2018

Curso de mediación en prevención de drogodependencias

A Concellaría da Xustiza Social e Coidados a través do Programa de lecer saudable para a mocidade en centros cívicos, cofinanciado pola Delegación do Plan Nacional sobre Drogas, realiza un curso de mediación en prevención de drogodependencias, impartido por profesionais con experiencia no ámbito das drogodependencias, dirixido á mocidade de 18 a 30 anos e de carácter gratuíto.

Duración: 15 horas

Dirixido a: mocidade de 18 a 30 anos que teñan interese no ámbito das drogodependencias

Impartido por: profesionais con experiencia acreditada no ámbito das drogodependencias

Lugar de realización: Centro Cívico de Monelos (Avda. de Monelos, 2A)

Datas de realización: 17 a 21 de setembro de 2018

Horario: 16:30 a 19:30 h

Núm. prazas: 20

Inscrición: presencial con presentación de DNI. No Centro Cívico Monelos do 10 ao 13 de setembro en horario de 10:00 a 13:00 h e de 17:00 a 19:30 h. Prazas limitadas. Admisión por orde de inscrición.

Observacións:

Curso de carácter gratuíto

O curso levarase a cabo coa condición de que se inscriban participantes suficientes para a súa realización.

Emitirase xustificante de asistencia a quen acudise, como mínimo, ao 80% da duración do curso.

Prazas limitadas

Admisión por orde de inscrición. De haber maiores de 30 anos que teñan interese na realización do curso, poderán inscribirse, tendo en conta que terán prioridade para a súa realización as persoas de idades comprendidas entre os 18 e 30 anos. No caso de quedar prazas libres, darase entrada por orde de inscrición a quen pase dos 30 anos.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión