Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de outubro de 2017

Programa de promoción do lecer saudable para a mocidade en centros cívicos municipais 2017

Curso de prevención e mediación en casos de bullying

A Concellería de Xustiza Social e Coidados leva a cabo o Programa de promoción de lecer saudable para a mocidade nos centros cívicos, no que oferta actividades gratuítas dirixidas á mocidade de 12 a 30 anos.

Este programa ten como obxectivo principal o fomento de hábitos saudables, o reforzo do lecer saudable e a prevención de condutas adictivas entre a mocidade a través de actividades alternativas de lecer construtivo.

O Programa de promoción do lecer saudable en centros cívicos encádrase dentro das distintas accións que se realizan dentro do Programa Municipal de Prevención de Drogodependencias.

As actividades son gratuítas e son de tipo deportivo, ambiental, artístico, audiovisual, formativo..., de distinta duración.

Curso de prevención e mediación en casos de bullying

Duración: 15 horas

Dirixido a: mocidade de 18 a 30 anos interesada no tema da prevención e mediación en casos de bullying.

Impartido por: ADAFAD

Lugar de realización: Centro Cívico de Monelos (Avda. de Monelos, 2A)

Datas de realización: 16 a 20 de outubro de 2017

Horario: 17.00 a 20.00 h

Núm. prazas: 20

Inscrición: presencial con presentación de DNI. No Centro Cívico de Monelos do 9 ao 13 de outubro en horario de 17.00 a 19.00 h. Prazas limitadas. Admisión por orde de inscrición.

Finalidade do curso:

Transmitir os contidos necesarios para que as persoas participantes no curso conten con ferramentas para previr, identificar e abordar, se fose necesario, situacións de acoso.

Observacións:

Curso de carácter gratuíto. O curso levarase a cabo coa condición de que se inscriban participantes suficientes para a súa realización. Emitirase un xustificante de asistencia a quen acudise, como mínimo, ao 80% da duración do curso. Prazas limitadas. Admisión por orde de inscrición.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión