Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de novembro de 2018

Día Mundial da Diabetes

O Día Mundial da Diabetes creouse en 1991 como medio para aumentar a concienciación global sobre a diabetes. Con este motivo, ACODI realiza unha serie de actos na nosa cidade.

Con motivo do Día mundial da Diabetes, a Asociación Coruñesa de Persoas con Diabetes (ACODI) vén realizando desde o día 9 deste mes unha serie de actos dos que se pode consultar a información nos documentos que se achegan.

Esta noite iluminarase de cor azul a Torre de Hércules e tamén hoxe desde as 10:00 h haberá unha carpa informativa na praza de Lugo; pola tarde unha sesión de fotos con R2D2. Mañá haberá unha charla informativa ás 18:00 horas no local da AVV do Ventorrillo e o venres unha mesa informativa en El Corte Inglés.

Documentos:

Actos do 9 ao 17 de novembro (187 KB)

Charla informativa (80 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión