Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de abril de 2018

O Concello adxudica por catro anos o servizo de teleasistencia municipal cun contrato “que fomenta a calidade no emprego e a inserción laboral de colectivos vulnerables”

A concelleira Silvia Cameán indica que o acordo se asina por catro anos e conta cun investimento anual de 265.000 euros para atender a unhas 1.200 veciñas e veciños que teñan asignado o servizo por atoparse en situacións de especial fraxilidade

A Xunta do Goberno local aprobou hoxe a adxudicación do servizo de teleasistencia municipal a Cruz Vermella, que o xestionará por catro anos cunha posibilidade de prórroga por dous máis. A concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, destaca que as cláusulas do contrato "fomentan a calidade no emprego e a inserción no mercado laboral de persoas con dificultades particulares". Neste sentido, a edil apunta que a entidade "aplicará o convenio colectivo estatal de servicios de atención ás persoas dependentes e  dedicará un 10% das prazas de nova contratación" a persoas en situación de exclusión social ou en grave risco de estalo, desempregadas e teñan dificultades para integrarse no mercado laboral ou que pertenzan a colectivos con diversidade física, psíquica ou sensorial, persoas paradas de longa duración e maiores de 45 anos, mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que proveñan de institucións de protección de menores, mulleres vítimas de violencia machista ou persoas que reciban a Risga ou a Renta Social Municipal. O programa, que conta cun investimento anual de 265.000 euros, prestará servizo a unhas 1.200 persoas usuarias.

O servizo de teleasistencia municipal atende as 24 horas durante todos os días do ano emerxencias que poidan ter as persoas usuarias, que só precisan pulsar un botón para entrar en contacto cunha central de chamadas na que son atendidas por personal especializado. Instálase nos domicilios un terminal telefónico cun radio-enlace que ao ser activado conecta automaticamente, o que permite que non só dar unha resposta rápida e mobilizar os recursos necesarios en calquera momento do día ou da noite, se non tamén manter ás persoas no seu medio habitual e servir como sistema de acompañamento personalizado, a través de chamadas periódicas á persoa usuaria, especialmente cando a súa situación se asocian factores de inseguridade, soidade e illamento. O servizo está orientado para atender a persoas con patoloxías ou limitacións, como os graos de dependencia recoñecidos ou diversidade funcional, que se atopen en situacións de especial fraxilidade ou vulnerabilidade, con preferencia para aquelas que vivan soas, pasen a maior parte do día soas ou convivan con familiares de similares características.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión