Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

24 de xaneiro de 2018

O Concello organiza en febreiro festas e obradoiros infantís de Entroido nos centros cívicos dos barrios

As actividades organizadas desde a Concellería de Xustiza Social e Coidados, que se celebran en 14 centros da cidade e comezan o día 7 de febreiro, son gratuítas, previa inscrición

Os centros cívicos da cidade preparan a chegada do Entroido nos barrios cun programa de festas e obradoiros que comenzan o día 7 de febreiro e nos que poderán participar nenas e nenos ata os 12 anos, segundo a actividade. As festas de Entroido celebraranse en 14 centros cívicos entre os días 7 e 11 de febreiro. A elas poderán acudir menores de ata 12 anos, que deberán estar acompañados por unha persoa adulta durante as dúas horas que está previsto que se prolongue o evento. As festas comenzarán ás 17.00 horas e rematarán ás 19.00 horas. Para participar nelas será preciso recoller invitacións, que están dispoñibles dende hoxe nos centros cívicos. As festas, gratuítas, contarán con animación musical e xogos organizados por monitores profesionais.

As celebracións comenzan o día 7 no centro cívico de San Diego. Ao día seguinte será o turno de Palavea e Elviña, mentres que o día 9 toca festa nos Rosales, Mesoiro e Monelos. Os centros da Cidade Vella, Eirís e Os Mallos celebran o día 10 e á tarde seguinte a festa se traslada a Novoboandanza. A derradeira xornada de festa de Entroido terá lugar nos centros de Labañou, Feáns -neste caso, a celebración comezará ás 17.30 horas, media hora máis tarde que no resto-, Castrillón e Monte Alto.  

As actividades, que organiza a Concellería de Xustiza Social e Coidados, complétanse con obradoiros gratuítos de elaboración de caretas e de elementos de photocall dirixidas a nenas e nenos de entre 4 e 9 ou 10 anos, segundo o centro. A inscrición para tomar parte nos obradoiros comeza o día 5 de febreiro e deberá facerse no centro cívico correspondente. As prazas adxudicaranse por orde de matrícula e deberán reunir un máximo de 15 participantes e un mínimo de 7 para poder levarse a cabo.  

Os talleres impartiranse en catro centros cívicos. Comenzan o día 8 no de Visma cun obradoiro de elaboración de caretas para nenas e nenos de entre 4 e 10 anos en horario de 18.00 a 20.00 horas. O resto de talleres están destinados para idades comprendidas entre 4 e 9 anos, impártense en horario matinal, de 11.00 a 13.00 horas, e celebraranse o luns 12 de febreiro. Nos centros de Pescadores e A Silva farase o obradoiro de elementos de photocall e no de Artesanos o taller de elaboración de caretas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión