Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de xuño de 2019

Verán 2019

O día 6 de xuño comeza a inscrición nos campamentos de verán

Podes consultar nesta web as listas de admisións e listas de espera de todos os campamentos: tradicionais, urbanos e de día.

A inscrición realizarase nos seguintes días e horarios:

Campamentos de día e tradicionais

Días 6, 7 e 8 de xuño

• Horario: 11:00 a 13:30 h

17:00 a 20:00 h

• Lugar: Centro Cívico de Monelos

A inscrición formalízase co aboamento da cota de inscrición de 85 € por participante, nas datas e horario establecidos para a inscrición. De non ser así perderase o dereito á praza.

Ademais deberás traer no momento da inscrición:

- Unha fotocopia da tarxeta sanitaria do/da menor

- Unha foto tamaño carné

Quen estea na lista de espera avisaráselles telefonicamente no caso de que se lles adxudique a praza.

Campamentos urbanos

A inscrición realizarase no centro cívico correspondente a cada campamento urbano. As datas e os horarios de inscrición son os mesmos que os dos campamentos de día e tradicionais.

Para formalizar a inscrición será necesario aboar o custo do campamento.

Custo do campamento urbano por quendas e horarios:

  • Quendas 1 e 6: horario xeral 15 € e horario ampliado 20 €
  • Quendas 2, 3, 4 e 5: horario xeral 26 € e horario ampliado 32 €

Ademais deberás traer:

Unha fotocopia da tarxeta sanitaria do menor ou da menor

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión