Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de abril de 2017

O Goberno local impulsa a nova edición do programa de intervención social ‘A Flote’ para prestar atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión

A Concellería de Xustiza Social e a Fundación Emalcsa asinan o novo convenio para esta prestación, que establece un máximo de 120.000 euros e que está dirixida a “evitar situacións de desprotección en casos onde non sexa posible a intervención dos servizos sociais”

A Concellería de Xustiza Social e Coidados asinou esta semana coa Fundación Emalcsa o novo convenio de colaboración que permitirá reeditar o programa de intervención social A Flote, co obxectivo de prestar axuda inmediata "a persoas en situación ou risco de exclusión que precisan con carácter urxente, puntual e transitorio recursos de apoio" en situacións nas que non existe outro medio de intervención pública normalizado. Trátase, como salienta a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, dun recurso concibido como un instrumento máis de intervencións social que ten como finalidade contribuír á plena inserción das persoas beneficiarias e axudalas a recuperar a súa autonomía. "O Goberno local, dende a súa chegada a María Pita, leva desenvolvendo unha intensa actividade encamiñada á integración social das persoas en colectivos en risco de exclusión, ben a través de axudas, prestacións ou outros instrumentos de intervención social", destacou a edil. "A pesar disto, queremos ir máis alá, e asegurarnos de que podemos dar resposta a todos os casos que se nos presentan, polo menos dentro das nosas competencias. A pesar das melloras introducidas, e da axilización sen precedentes dos tempos de espera en servizos sociais, queriamos reforzar aqueles recursos municipais de resposta rápida. Con ese obxectivo puxemos en marcha o pasado ano este programa de intervención, xunta coa Fundación Emalcsa, que vimos de renovar dado o gran traballo desempeñado na súa primeira edición", indicou.

O convenio especifica que a Fundación Emalcsa destinará no seus orzamentos do ano 2017 un máximo de 120.000 euros ao citado programa, sendo o Concello e, en concreto, o departamento de Xustiza Social, o encargado de realizar a selección dos e das beneficiarias das prestacións, así como determinar a proposta de pago específica da mesma. "O que faremos será xustificar que efectivamente existe unha situación urxente de necesidade que non se pode solventar por medio doutros recursos normalizados", sinalou a concelleira, que engadiu que os servizos sociais municipais tamén determinarán e porán en marcha en cada caso "as medidas complementarias de inserción social". "Coma sempre, o Goberno local non reduce a súa actividade a unha mera asistencia puntual de carácter social. Tamén con este programa levaremos cabo un seguimento dos itinerarios de inserción que se lles ofrecerán aos e ás usuarias", subliñou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión