Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de maio de 2017

Embárriate 2017

Actividades nos centros cívicos para menores nados entre o 01/01/2005 e o 31/12/2013.

Empregando o barrio como fío condutor, as nenas e nenos realizarán actividades para fomentar o desenvolvemento da súa imaxinación e da súa capacidade creativa mediante o debuxo, o modelado, a pintura, o teatro, a danza etc.

Embárriate realizarase nos centros cívicos que se enumeran a continuación, do 26 ao 30 de xuño, en horario xeral de 10.00 a 14.00 h. Ademais, nos centros sinalados cun asterisco (*) existe posibilidade de solicitar horario complementario de 9.00 a 14.30 h.

  • Centro cívico Artesáns
  • Centro cívico A Silva
  • Centro cívico Castrillón*
  • Centro cívico Cidade Vella*
  • Centro cívico Eirís*
  • Centro cívico Elviña*
  • Centro cívico Feáns
  • Centro cívico Labañou*
  • Centro cívico Mesoiro*
  • Centro cívico Monelos*
  • Centro cívico Monte Alto*
  • Centro cívico Novoboandanza*
  • Centro cívico Os Mallos*
  • Centro cívico Palavea*
  • Centro cívico Rosales*
  • Centro cívico Sagrada Familia
  • Centro cívico San Diego*
  • Centro cívico San Pedro de Visma
  • Centro cívico Santa Margarida

Preinscrición

  • Días: 5, 6 e 7 de xuño.
  • Horario: de 11.00 a 13.30 h e de 16.30 a 20.00 h.
  • Lugar: centro cívico municipal no que se desexe solicitar a actividade.

Soamente se poderá presentar unha preinscrición por menor. En caso de detectarse máis dunha preinscrición para unha mesma nena ou neno, anularanse todas.

Ao final desta noticia, pódese descargar a preinscrición para esta actividade ou recollela nos centros cívicos onde se realiza a actividade.

Sorteo público

  • Día: 7 de xuño ás 20.15 h nos centros cívicos municipais.

Publicación de lista de admisións e listas de reserva:

  • Día: 13 de xuño.
  • As listas poderanse consultar nos centros cívicos municipais, no Teléfono de Información Cidadá 010 e nesta páxina web.

Inscrición:

  • Días: 13, 14 e 15 de xuño
  • Horario: 11.00 a 13.30 h e de 16.30 a 20.00 h
  • Lugar: centro cívico no que se obtivo a praza

Prezo público para aboar

  • Para ambas as modalidades de horario, 11 €

Documentos:

Preinscripcion-Embarriate-2017.pdf (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión