Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de outubro de 2019

IX Edición concurso de viñetas 2019 "SEN ADICCIÓNS...UN BO PLAN"

A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, dentro do marco de accións desenvolvidas polo Programa Municipal de Prevención de Adiccións no ámbito escolar e da promoción do lecer saudable na mocidade, convoca no ano 2019 a IX Edición do concurso de viñetas “Sen adiccións...un bo plan”

O obxectivo do concurso é complementar as accións de prevención das adiccións realizadas nos centros escolares da cidade (talleres de prevención de consumo de tabaco, alcól e outras sustancias e do uso inadecuado de internet e redes sociais) e  implicar á mocidade no deseño de estratexias preventivas de sensibilización, así como fomentar os hábitos e as alternativas de lecer saudable.

Poderá participar a mocidade que estea a cursar o ensino de secundaria obrigatoria (ESO) e Formación profesional básica (FPB)  nos centros do municipio da Coruña, en dúas categorías: alumnado que cursa 1º e 2º de ESO e alumnado  que cursa  3º e 4º de ESO ou FPB. A participación poderá ser individual ou promovida polo centro escolar.

A temática das viñetas será unha interpretación libre (real, humorística, fantasiosa...) dos seguintes temas:

Categoría 1: "Lecer saudable... un bo plan"

Categoría 2: "Sen alcol e outras adiccións... un bo plan"

Preténdese que a viñeta mostre o que significa para a persoa participante ter "un bo plan" sen necesidade de recorrer a ningún hábito ou consumo adictivo e promovendo os hábitos saudables.

A presentación poderá realizarse nunha viñeta única, feita  a man, en formato DIN A4  ou un máximo de dúas viñetas, cun fío condutor, nunha  páxina  DIN A4. A viñeta poderá conter un lema ou frases, en castelán ou galego, en relación co debuxo. Cada participante  só poderá presentar unha obra orixinal e inédita,  non premiada con anterioridade.

Os traballos poden ser escaneados e enviados ata o día 22 de novembro de 2019, inclusive, por correo electrónico á seguinte dirección concurso@unboplan.com, ou ben se poden entregar por correo o presencialmente ata o día 22 de novembro en horario de 8:30 a 14:30 horas na seguinte dirección:

IX Concurso de Viñetas "Sen adiccións... un bo plan"

Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación

C/ Fernández Latorre 64-66 Entreplanta

15006- A Coruña

Calquera que sexa a forma de presentación elixida, debe incluír os seguintes datos:

Participante: Nome e apelidos, idade, teléfono de contacto e, se é posible, unha dirección de correo electrónico na que avisarlle no caso de obter o premio, nome do centro escolar e curso no que estea matriculado.

Se a participación é promovida polo centro escolar débese incluír: Nome e dirección de correo electrónico do docente que promove a realización do concurso no centro, e si os centros escolares participan por cursos o con máis dunha viñeta se procederá como indican as bases do concurso que se recollen no díptico adxunto.

O premio, para cada unha das categorías, consistirá nun vale por valor de 125€ en material deportivo para a persoa premiada e, no caso que a participación fose promovida polo centro escolar,  un vale de 100€ en material  escolar para o centro premiado . Poderase outorgar un accésit por categoría, que consistirá nun vale por valor de 75€ en material deportivo para a persoa premiada  e, no caso que a participación fose promovida polo centro escolar, un vale  por valor de 50€ en material escolar para o centro premiado. O  fallo do concurso farase público ao longo do mes de decembro de 2019.  Máis información en: www.coruna.gal/serviciossociales/es e no díptico que recolle as bases do concurso.

Documentos:

Díptico da campaña (259 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión