Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de xullo de 2015

A Concellaría de Igualdade lanzará un Pacto Social contra as Violencias Machistas

Rocío Fraga reúnese estes días con colectivos, asociacións e entidades de mulleres e feministas para deseñar o traballo municipal neste campo.

A concelleira de Igualdade e diversidade Rocío Fraga, mantén estes días reunións, a primeira, cunha ducia de asociacións, entidades e colectivos de mulleres "para abrir canles de comunicación bidireccionais e planificar de forma conxunta o traballo do Concello neste campo, sempre desde a perspectiva da transversalidade". Nas mesmas, a responsable municipal aproveitou para lanzar un Pacto Social pola Coruña Libre de Violencias Machistas, un proxecto no que xa se está traballando e que culminará o seu primeiro estadio en novembro, coa elaboración dun documento marco ao que se poderán adherir todo tipo de entidades e que será o punto de partida para traballar durante todo o mandato. Os encontros están a servir tamén para definir o Observatorio Municipal da Igualdade de Xénero e Diversidade, unha das propostas que se incluían no programa de goberno, cuxo deseño, segundo destacou Fraga, "se nutrirá das propostas dos colectivos e entidades".

Aos encontros están invitados colectivos e asociacións de mulleres e/ou feministas, co obxectivo de coñecer o traballo que veñen realizando e debullar posibles liñas de actuación e necesidades. A rolda de contactos continuará con asociacións e colectivos de mulleres vinculadas ao emprego. Como subliñan desde a concellaría, "o empoderamento das mulleres, en moitos dos casos, vén vinculado coa súa empregabilidade para conseguir unha vida plenamente autónoma, polo que consideramos imprescindible achegarnos tamén aos colectivos que abordan este tema desde diferentes posicións e sentalas xuntas, a falar e expoñer percepcións da situación e necesidades para "mellorar a vida das mulleres a través do emprego". Nas semanas próximas seguirán os contactos con outros colectivos, asociacións e entidades que traballan no ámbito das diversidades sexuais, as migracións e as diversidades funcionais.

"Son reunións moi enriquecedoras, sobre todo pola diversidade das entidades en interlocución", destacou a concelleira, que tamén destacou a boa resposta das persoas participantes (vinte mulleres e un home, en representación de doce entidades) pola invitación á colaboración nun encontro que tamén serviu para recoller as principais demandas dos colectivos, como é a necesidade de espazos compartidos onde poder traballar de forma colaborativa. Desde o departamento municipal destacan a importancia de "poñer nun dos centros do taboleiro o empoderamento feminino, algo para o que é imprescindible favorecer a autoorganización de grupos feministas e de mulleres e favorecendo a interrelación entre eles e coa propia concellaría, sen intervencionismo pero con total dispoñibilidade a axudar a conseguir tal efecto, de ser preciso".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión