9 de xuño de 2019
Consulta as listas de admisións e espera para os campamentos tradicionais do verán 2019
Nos documentos que se achegan pódense consultar as listas provisionais de admisións e as listas de espera das catro quendas de campamentos tradicionais.
As listaxes de persoas admitidas nos campamentos son provisionais. Serán definitivas no momento en que formalicen a inscrición. (A inscrición será os días 6, 7 e 8 de xuño).
No caso de que queden prazas libres, porque alguén non formalizase a inscrición, as persoas de lista de espera serán avisadas telefonicamente para que se poidan anotar.
A inscrición realizarase nos seguintes días e horarios:
• Días 6, 7 e 8 de xuño
• Horario: 11:00 a 13:30 h
17:00 a 20:00 h
• Lugar: Centro Cívico de Monelos
A inscrición formalízase co aboamento da cota de inscrición de 85 € por participante, nas datas e horario establecidos para a inscrición. De non ser así perderase o dereito á praza.
Ademais deberás traer no momento da inscrición:
- Unha fotocopia da tarxeta sanitaria do/da menor.
- Unha foto tamaño carné
As persoas que estean en lista de espera serán avisadas telefonicamente no caso de que se lles adxudique a praza.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible