Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de xullo de 2018

Listaxe previa á definitiva do Programa bolsa comedor escolar. Curso 2018/2019

Na listaxe podes consultar as bolsas concedidas e as provisionalmente denegadas, así como o motivo da denegación.

De acordo co establecido na Base 10ª.2 das Bases reguladoras da convocatoria de bolsa de comedor escolar curso 2018/2019, o equipo do programa municipal de traballo con familias realizou a valoración das solicitudes admitidas a trámite ( Base 8ª das Bases reguladoras).

Neste proceso de valoración tívose en conta a documentación achegada polas persoas solicitantes na fase de admisión de solicitudes e na fase de requirimento de documentación ( Base 10ª.1 das Bases reguladoras).

O resultado deste proceso de valoración termina coa publicación da listaxe predefinitiva de bolsas de comedor escolar do curso 2018/2019. Esta listaxe predefinitiva pódese consultar nas oficinas de Rexistro municipal (situados no Pazo municipal, no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora), no Teléfono de Información Cidadá 010, nos taboleiros de anuncios dos centros cívicos municipais, no Taboleiro de Edictos municipal e nesta páxina web ao final desta noticia.

Nesta listaxe predefinitiva recóllense:

  • DNI das persoas solicitantes.
  • Número de menores da unidade familiar para os que se solicita a bolsa.
  • Centro cívico de referencia segundo lugar de residencia das persoas solicitantes.
  • Resolución da solicitude, concedida ou denegada. Nos casos de denegación, indícase a causa.
  • Puntuación obtida despois da aplicación do baremo recolleito nas Bases reguladoras desta convocatoria.

Se as persoas solicitantes, beneficiarias ou interesadas, non están de acordo co contido da listaxe publicada e desexan presentar alegacións a esta listaxe, teñen un prazo máximo de 10 días hábiles a partir do día seguinte da publicación da listaxe predefinitiva.

Por tanto, o prazo para presentar alegacións comprende do luns 23 de xullo ao luns 6 de agosto do presente ano 2018.

Documentos:

Listaxe predefinitiva programa bolsa comedor escolar 2018/2019 (88 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión