Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de setembro de 2018

Listas provisionais do programa municipal Vacacións e Turismo social para maiores

Convocatoria 2018/2019

Do 1 ao 8 de xuño do 2018 abriuse o prazo de presentación de solicitudes para formar parte da convocatoria do programa municipal de Vacacións e Turismo Social para maiores 2018/2019.

Unha vez valoradas as solicitudes e a documentación presentada conforme coa convocatoria, pódense consultar no documento adxunto:

  • Lista provisional de persoas admitidas
  • Lista provisional de reservas
  • Lista provisional de persoas excluídas e causas de exclusión
  • Lista provisional de solicitudes pendentes de documentación

As persoas que desexen desistir da súa solicitude municipal e acceder á convocatoria estatal do IMSERSO, poderán facelo na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade, situada na rúa Doutor Enrique Hervada, 4, baixo. Tamén se poden dirixir a esta oficina municipal para resolver calquera dúbida.

As persoas admitidas recibirán no mes de decembro unha carta informativa onde se lles indicará o destino, quenda de viaxe e día de recollida dos billetes.

Documentos:

Listas provisionais Vacacións e turismo social municipal 2018/19 (98 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión