Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xaneiro de 2019

Os centros cívicos comezaron o luns 21 as actividades de baile para maiores e os ensaios das corais municipais

A edil Silvia Cameán lembra que ambas as dúas iniciativas “favorecen a relación entre a veciñanza” ademais de facilitar “unha oportunidade de lecer activo” á cidadanía de maior idade no seu barrio

A Concellería de Xustiza Social e Coidados informa de que o luns, 21 de xaneiro, comezaron as actividades de bailes de maiores e ensaios das corais, dúas actividades que, segundo a edil Silvia Cameán, favorecen a participación e  benestar social da veciñanza. "Tanto os bailes como as corais son espazos que ofrecen a posibilidade de gozar dun xeito accesible e continuado, do lecer activo no propio barrio", apunta a concelleira.

Os bailes desenvolveranse, como é habitual, todas as tardes, de 17.00 a 20.30 horas, nas instalacións de distintos centros cívicos municipais. Así, os luns a actividade terá lugar en Monelos, os martes en Labañou, os venres nos Mallos, os sábados en San Diego e os domingos en Monte Alto. Os mércores a localización do baile será variable --comunicada previamente polos centros--, mentres que os xoves a actividade alternará entre Castrillón e Eirís, de xeito que cada centro contará cun baile para maiores cada 15 días.

Ademais, este luns tamén deron comezo os ensaios das seis corais municipais dos centros cívicos. "Os ensaios facilitarán que a cidadanía adquira nocións básicas de técnica do canto polifónico e cultura musical, toda vez que favorece a relación interxeracional e convivencia entre a veciñanza", apunta Cameán. Cada coral conta con dúas sesión de ensaio, dunha hora e media de duración.  Os talleres desenvólvense os luns e mércores no Castrillón, Feáns, San Diego e Monelos, mentres que as corais dos centros cívicos de Os Mallos e Monte Alto terán os seus ensaios os martes e xoves.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión