Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de agosto de 2018

Nova convocatoria de actividades socioculturais nos centros cívicos municipais.

As preinscricións serán os días 3, 4 e 5 de setembro. As actividades comezarán a semana do 24 de setembro e finalizarán a semana do 10 de decembro de 2018.

  • Preinscrición

Prazo: 3, 4 e 5 de setembro en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h

As solicitudes de preinscrición deberanse presentar no centro cívico onde se desexa realizar a actividade e no modelo oficial de solicitude, o cal se poderá obter en calquera dos centros cívicos municipais ou premendo aquí.

Cada solicitante só poderá presentar un impreso de solicitude de preinscrición por centro cívico, onde se soliciten un máximo de tres actividades. No momento da presentación da solicitude, a cada impreso asignaráselle un número.

É imprescindible que as persoas solicitantes teñan cumprida na data de presentación da solicitude a idade esixida nas condicións para participar en cada actividade.

  • Sorteo público

En cada centro cívico, o 5 de setembro ás 20:15 h. A partir do número resultante do sorteo público en cada centro cívico, segundo a numeración das preinscricións e por rigorosa orde correlativa, elaboraranse as listaxes de admisións nas actividades e as listas de espera.

  • Publicación das listaxes provisionais de admisións e listaxes provisionais de espera

19 de setembro. Ambas as listaxes poderanse consultar nos taboleiros de anuncios dos centros cívicos, nesta páxina web e o Teléfono de Información Cidadá 010.

  • Inscrición

Prazo: 19, 20 e 21 de setembro en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h

Unha vez que se publiquen as listaxes, as persoas admitidas poden retirar no centro cívico o impreso municipal de pago e aboar na entidade bancaria o prezo público que corresponda segundo a duración da actividade.

Unha vez aboado na entidade bancaria correspondente o prezo público da actividade, as persoas admitidas deberán entregar no centro cívico onde vaian realizar a actividade o resgardo do impreso de pago selado pola entidade bancaria.

Ambos os trámites (aboamento do prezo público e presentación no centro cívico do impresoo selado pola entidade bancaria), deberán realizarse dentro do prazo e horario establecidos para a inscrición. De non ser así, perderase o dereito á praza na actividade.

Os prezos públicos das actividades réxense segundo o establecido na Ordenanza Fiscal 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de lecer e análogas de titularidade municipal.

Premendo sobre o nome do centro cívico, podes consultar a oferta de actividades socioculturais para a convocatoria de setembro do ano 2018 e ao final da listaxe os criterios de participación neste programa municipal.

Criterios de participación no programa de actividades socioculturais de prevención e cooperación social dos centros cívicos municipais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión