Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de abril de 2017

O alcalde salienta o carácter “solidario e comprometido” da veciñanza coruñesa, amosada nos realoxos de residentes da Pasaxe en distintos puntos da cidade, "que se fixo sen ningún problema"

Ferreiro destaca a "integración" dos distintos proxectos de atención social que existen na cidade

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, valorou este xoves o proceso de realoxo de persoas residentes no asentamento precario da Pasaxe, que se está a facer "sen ningún problema". "Xa se completaron realoxamentos en distintos puntos da cidade; estase facendo un seguimento individualizado e tamén se está falando cos veciños e as veciñas e non teñen ningún problema con estas persoas", salientou, para indicar que algunhas destas persoas foron xa reubicadas en pisos distribuídos pola Coruña, "pisos relacionados con convenios con entidades para a erradicación de asentamentos precarios que o Concello ten desde hai moitos anos,  e polo que no seu momento se realoxou, por exemplo, ás persoas que vivían en Penamoa". Neste sentido, o rexedor quixo poñer en valor que "A Coruña é unha cidade solidaria e comprometida cos veciños e veciñas que peor o pasan e así vai seguir sendo".

Na mesma liña, Ferreiro deu conta do traballo que o Concello está a desenvolver nos últimos meses, previo á apertura no barrio de Monte Alto do local de baixa esixencia municipal -o primeiro destas características que se impulsa desde o Concello e dirixido a  prestar atención acollemento nocturno a persoas que se atopan na rúa-, a través de encontros coa asociación veciñal e de comerciantes e de interlocución coas comunidades onde se emprazará o albergue. "Coma outros proxectos destas características que se desenvolven na cidade, caso de Padre Rubinos e outros, este centro vai estar perfectamente integrado, como corresponde", manifestou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión