Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xaneiro de 2019

O centro cívico de Monte Alto acollerá a exposición 'Á violencia de xénero… dille NON!', que ten como obxectivo axudar á xuventude a identificar e recoñecer as condutas sexistas nas súas relacións

A área de Igualdade e Diversidade organiza dúas sesións do obradoiro 'Mete ficha con xeito! O ligoteo en Instagram', dirixido á mozas e mozos de entre 14 e 17 anos

O centro cívico de Monte Alto acollerá, entre o 30 de xaneiro e 14 de febreiro, a exposición Á violencia de xénero...dille NON!, unha mostra gráfica dirixida á axudiar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar as condutas sexistas nocivas nas súas relacións. Tal e como explica a concelleira Rocío Fraga, esta proposta "pretende previr, sensibilizar, visibilizar e crear conciencia social en contra das violencias machistas". Ao fío, a área de Igualdade desenvolverá dous obradoiros denominados Mete ficha con xeito! O ligoteo en Instagram, que se dirixen a mozas e mozos de entre 14 e 17 anos, e que abordarán os usos desta rede social vinculada á fotografía, e a súa vinculación ás relacións, as sexualidades e ao amor. "Será un espazo de confianza", destaca Fraga, no que se procurará que as participantes poidan formular as súas reflexións e inquedanzas sobre esta cuestión.  

Estes obradoiros, totalmente gratuítos, celebraranse os sábados 2 e 9 de febreiro, en horario de 10.00 a 13.30 horas, e cada un contará con 25 prazas. Para poder participar, as persoas interesadas deberán contactar co Centro de Información ás Mulleres a través do correo electrónico cim@coruna.es antes das 14.00 horas do 25 de xaneiro. As prazas outorgaranse segundo a data de recepción das solicitude. Para máis información sobre esta iniciativa así como outros programas, pódese consultar o espazo web municipal www.coruna.gal/igualdade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión