Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de marzo de 2014

Preinscrición en novas actividades socioculturais do Centro Cívico de Eirís

Do 17 ao 19 de marzo está aberto o prazo para solicitar novas actividades socioculturais do Centro Cívico Eirís.

A partir do 1 de abril realizaranse no Centro Cívico Eirís as seguintes actividades socioculturais dirixidas a público interxeracional:

Taller de arte: o románico e as súas manifestacións na Coruña
Nesta actividade abordaremos as características do románico, o seu contextualización histórica, principais trazos definitorios, exemplos do románico na Coruña  e comarca.
Martes de 19.15 h a 20.45 h.
Inicio: 1 abril. Finalización: 3 xuño.

Taller de fotografía
Actividade de iniciación á realización de fotografías, aprenderemos as nocións básicas de encadre, luz e obturación.
Xoves de 17.30 a 19.00 h.
Inicio: 3 de abril. Finalizació: 5 de xuño.

Taller de retoque fotográfico
Actividade de iniciación ao tratamento das imaxes por ordenador a través de software  libre.
Sábados de 18.00 a 19.30 h.
Inicio: 5 de abril. Finalización: 7 de xuño.

Taller de punto, calceta e gancho
Actividade de perfeccionamento de puntos de calceta e gancho, remate de pezas de punto.
Sábados de 18.00 a 19.30 h.
Inicio: 5 de abril. Finalización: 7 de xuño.

Hortos para o teu balcón
Actividade de iniciación ao coidado e cultivo de plantas e pequenos hortos en espazos como balcóns ou terrazas.
Sábados de 18.00 a 19.30 h.
Inicio: 5 de abril. Finalización: 7 de xuño.

As persoas interesadas en participar nestas actividades poderán realizar o proceso de inscrición na conserxería do Centro Cívico de Eirís nas seguintes datas:
Preinscrición: 17, 18 e 19 de marzo.
Sorteo: 19 de marzo ás 20.15 h.
Publicación de listaxe de admisións: 20 de marzo.
Inscrición e pago: 20 e 21 de marzo.
Custo: 7,74 euros.

Enderezo:

Centro Cívico Eirís. Rúa Terranova de Eirís 7. 15009 A Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión