Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de abril de 2019

Recital de corais municipais "O son da primavera"

A Concellaría de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña informa que as corais municipais ofertarán unha serie de recitais abertos a o público en xeral, baixo o título O son da primavera 2019. A entrada será gratuíta con invitación, que deberá recollerse no propio centro cívico no que se desenvolva o acto.

Este é o terceiro ano no que a Concellaría organiza estes recitais, que teñen como principais obxectivos:

  •  Favorecer o goce das persoas afeccionadas ao canto coral e polifónico
  • Dar a coñecer ao público da cidade o traballo que as persoas integrantes das corais municipais desenvolven durante todo o ano
  • Animar á participación de aquelas persoas que desexen formar parte dalgunha das seis corais dos centros cívicos municipais.

O calendario de actuacións é o seguinte:

PARTICIPACIÓN DAS CORAIS*

  • Airiños de San Fernando do CC Feans
  • Cantores de San Diego do CC San Diego
  • Coral do CC Castrillón

NAS SEGUINTES DATAS E LUGARES

  • 11 de maio , sábado, as 18:00h no CC Mesoiro
  • 22 de maio, mércores, as 18:00h no CC San Diego
  • 28 de maio, martes, as 18:00h, no CC Castrillón

*En cada unha das actuacións gozarase do repertorio das tres corais

PARTICIPACIÓN DAS CORAIS*

  • Allegro Ma Non Troppo do CC Monelos
  • Arumes do CC  Monte Alto
  • Saraiba do CC Os Mallos

NAS SEGUINTES DATAS E LUGARES

  • 26 de abril, venres, as 18:00h, no CC Monelos
  • 4 de maio, sábado, as 18:00h, no CC Monte Alto
  • 14 de maio, martes, as 18:00h, no CC Os Mallos

*En cada unha das actuacións gozarase do repertorio das tres corais

Documentos:

Cartel O son da primavera (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión