Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de marzo de 2017

Recital de corais municipais "O son da primavera"

As corais municipais ofrecerán nos centros cívicos unha serie de recitais abertos ao público.

As persoas interesadas en acudir só teñen que recoller a súa invitación na conserxería do centro cívico no que se desenvolverá o recital. A entrada aos recitais é gratuíta ata cubrir a capacidade de cada unha das salas.

O calendario de actuacións é o seguinte

Coral Saraiba do Centro Cívico dos Mallos, coral Arume, do Centro Cívico de Monte Alto e Airiños de San Fernando, do Centro Cívico de Feáns actuarán:

  • 28 de marzo, no Centro Cívico municipal dos Mallos a partir das 18.00 h
  • 29 de marzo, no Centro Cívico municipal de Rosales a partir das 18.00 h
  • 30 de marzo, no Centro Cívico municipal de Eirís a partir das 18.00 h

Coral do Castrillón, do Centro Cívico do Castrillón, Cantores de San Diego, do Centro Cívico de San Diego e Allegro ma non troppo, do Centro Cívico de Monelos, actuarán:

  • 4 de abril, no Centro Cívico municipal do Castrillón a partir das 18.00 h
  • 5 de abril, no Centro Cívico municipal de San Diego a partir das 18.00 h
  • 6 de abril, no Centro Cívico municipal de Monelos a partir das 18.00 h

Documentos:

Cartel O son da primavera (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión