Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de febreiro de 2018

Recuncho do xogo

Actividades lúdicas para menores que se realizarán nos centros cívicos durante as vacacións escolares de Semana Santa.

A actividade Recuncho do xogo está dirixida a menores de 4 a 12 anos e realizarase nos centros cívicos que se enumeran a continuación do 26 ao 28 de marzo.

  • Centro cívico Artesáns
  • Centro cívico A Silva
  • Centro cívico Castrillón *
  • Centro cívico Cidade Vella
  • Centro cívico Eirís
  • Centro cívico Elviña
  • Centro cívico Labañou
  • Centro cívico Os Mallos *
  • Centro cívico Mesoiro *
  • Centro cívico Monelos *
  • Centro cívico Monte Alto *
  • Centro cívico Novoboandanza
  • Centro cívico Palavea
  • Centro cívico Pescadores
  • Centro cívico Rosales *
  • Centro cívico Sagrada Familia
  • Centro cívico San Diego
  • Centro cívico Santa Margarida

O horario xeral desta actividade será de 10:00 a 13.30 h e nos centros sinalados cun asterisco (*), existe a posibilidade de solicitar horario ampliado de 9.00 a 14.30 h.

Preinscrición

  • Días: 3, 5 e 6 de marzo
  • Horario: de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 h
  • Lugar: centro cívico municipal no que se desexe solicitar a actividade

Soamente se poderá presentar unha preinscrición por menor. En caso de detectarse máis dunha preinscrición para unha mesma nena ou neno, anularanse todas.

Para menores con necesidades educativas especiais, en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo, ofértanse 10 prazas. Contarán con monitorado de apoio para tarefas pedagóxicas e que non realizará funcións médicas ou hixiénico-sanitarias.

Ao final desta noticia, podes descargar o formulario de preinscrición da actividade Recuncho de xogo.

Sorteo público

6 de marzo ás 20.15 h, en cada centro cívico. O sorteo das prazas de NEE realizarase no centro cívico de Labañou.

Publicación da lista provisional de admisións e reservas

19 de marzo. Poderanse consultar no centro cívico correspondente, nesta páxina web e no teléfono 010.

Inscrición

  • Días: 20, 21 e 22 de marzo
  • Horario: de 11.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 h
  • Lugar: centro cívico municipal no que se obtivo a praza

Custo

Horario xeral: 7 € por persoa participante

Horario ampliado: 11 € por persoa participante

Documentos:

Preinscrición Recuncho de xogo (1 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión