Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de creación de máscaras

Con motivo dos actos conmemorativos do 8 de marzo, este taller de creación de máscaras complementará a exposición fotográfica que se poderá visitar no centro e realizarase antes da representación teatral, que se levará a cabo no centro cívico.

A quen vai dirixido?:

Mulleres adultas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/03/2019

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/03/2019 ata o 23/03/2019

A inscrición realizarase na conserxería do centro cívico.

Horario:

De 17:00 a 18:30 h

Enderezo:

Centro Cívico Castrillón. Praza Pablo Iglesias s/n. 15009 A Coruña

Prezo:

Actividade gratuíta

Requisitos:

Ser maior de 18 anos

Organiza:

Centro Cívico Castrillón

As máscaras forman parte da historia de Nicaragua desde tempos precolombinos, e son parte da cultura e identidade dos/as nicaraguanos/as. Utilizábanse en actividades culturais e relixiosas. En 1978, a comunidade indíxena de Monimbó revelouse contra a ditadura somozista e a mocidade que se enfrontaba á garda recorreu ás máscaras para protexer os seus rostros. Na insurrección contra a ditadura, a máscara simbolizou o "rostro das persoas oprimidas."

Hoxe, estas máscaras que realicemos representarán a loita feminista contemporánea.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión