Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de maio de 2015

O Concello da Coruña convoca prazas gratuítas para viaxar dentro das quendas programadas polo IMSERSO

Vacacións e turismo social para maiores 2015/2016

O prazo de presentación de solicitudes será do 26 de maio ao 2 de xuño.

Os requisitos para poder participar nesta convocatoria son os seguintes:

- Persoas empadroadas e residentes no Concello da Coruña

- Atoparse, polo menos, nunha das seguintes situacións:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez con idade igual ou superior a 55 anos.
  • Ser pensionista por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos de idade.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social Española, con idade igual ou superior aos 65 anos.

- Ter unha capacidade económica persoal anual inferior ou igual a 11.928,22 €. (1,6 veces o IPREM do ano 2014).

- Ter a autonomía suficiente para realizar actividades básicas da vida diaria e non padecer enfermidade ou deterioración cognitiva que incidan na convivencia durante a viaxe.

Poderán incluírse na solicitude os fillos/as con discapacidade (grao mínimo do 45%) das persoas solicitantes coa condición de que esta discapacidade lles permita viaxar e que o fagan acompañados/as dos seus pais/nais compartindo con eles habitación.

Coa solicitude, debidamente asinada e cuberta, é necesario presentar a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI das persoas solicitantes.

- Xustificante mensual actualizado da pensión das persoas solicitantes ou certificado negativo de pensións, se é o caso.

- Autorización asinada que consta na solicitude a favor do Concello da Coruña para realizar a consulta de datos tributarios das persoas solicitantes, ou ben fotocopia de declaración da renda correspondente ao exercicio 2014.

O impreso de solicitude poderase recoller nos centros cívicos municipais e na Oficina Municipal de Dependencia, Maiores e Discapacidade (OMAD), situada na r/ Doutor Enrique Hervada, 4, baixo.

As solicitudes e a documentación necesaria presentaranse na OMAD, do 26 de maio ao 2 de xuño en horario de 9.00 a 13.30 horas.

Nos detalles desta noticia, hai un documento no que se pode consultar toda a información.

Documentos:

Vacacións e turismo social para maiores 2015/16 (23 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión