Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xuño de 2016

O Concello da Coruña convoca prazas gratuítas para viaxar dentro das quendas programadas polo IMSERSO.

Vacacións e turismo social para maiores

O prazo de presentación de solicitudes será do 2 ao 10 de xuño.

Os requisitos para participar nesta convocatoria son os seguintes:

- Persoas empadroadas e residentes no Concello da Coruña

- Atoparse, polo menos nunha, das seguintes situacións:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Español de Pensións
  • Ser pensionista de viuvez con idade igual ou superior a 55 anos.
  • Ser pensionista por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos de idade.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social Española, con idade igual ou superior aos 65 anos.

- Ter unha capacidade económica persoal anual inferior ou igual a 11.928,22 € (1,6 veces o IPREM do ano 2015).

- Ter a autonomía suficiente para realizar actividades básicas da vida diaria e non padecer enfermidade ou deterioración cognitiva que incidan na convivencia durante a viaxe.

Poderán incluírse na solicitude os fillos/as con discapacidade (grao mínimo do 45%) das persoas solicitantes coa condición de que esta discapacidade lles permita viaxar e que o fagan acompañados/as dos seus pais/nais compartindo con eles habitación.

As solicitudes e a documentación necesaria presentaranse na Oficina Municipal de Dependencia (OMAD), situada na rúa Doutor Enrique Hervada, núm. 4, baixo.

O prazo para presentar as solicitudes será do 2 ao 10 de xuño, en horario de 9.00 a 13.30 horas. Coa solicitude, debidamente asinada e cuberta, é necesario presentar a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI das persoas solicitantes.
  • Xustificante mensual actualizado da pensión das persoas solicitantes ou certificado negativo de pensións, se é o caso.
  • Autorización asinada que consta na solicitude a favor do Concello da Coruña para realizar a consulta de datos tributarios das persoas solicitantes, ou ben, fotocopia de declaración da renda correspondente ao exercicio 2015.

É importante sinalar que as persoas que se preinscriban nesta convocatoria municipal non recibirán en setembro a carta informativa do IMSERSO.

No apartado "Detalles da noticia", pódese descargar o documento informativo do programa de Vacacións e Turismo Social para maiores.

Enderezo:

Rúa Doctor Enrique Hervada 4, bajo. 15006 A Coruña

Documentos:

Vacacións e turismo social para maiores 2016/17 (21 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión