Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de outubro de 2017

Xustiza Social e Coidados apoia as propostas de 29 entidades sen ánimo de lucro para actividades de promoción e reinserción social

A concelleira Silvia Cameán salienta que o obxectivo destas subvencións, dotadas con 82.940 euros, “é impulsar o fomento de iniciativas que teñen como finalidade favorecer a inclusión”

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Xustiza Social e Coidados, vén de conceder 34 subvencións a distintas entidades de iniciativa social que desenvolven a súa actividade na cidade por valor de 82.940 euros. Esta liña de axudas, que están contempladas no orzamento municipal do presente exercicio, teñen como finalidade fomentar a posta en marcha de actividades e iniciativas de promoción e reinserción social na prestación de servizos sociais, "cuxa finalidade non é outra que traballar por unha cidade máis igualitaria e xusta, a través dos procesos de inclusión", explica a responsable municipal da área, Silvia Cameán. En total serán 29 as entidades que percibirán estas subvencións --que van desde os 120 e até os 4357 euros--, que permitirán asumir os gastos que respondan á natureza das actividades ou proxecto para os que se solicitan as axudas, así como os necesarios para o seu desenvolvemento. "O goberno local ten establecidas numerosas liñas de traballo co obxectivo de acadar unha mellor calidade de vida para a súa veciñanza, e entende que para levar este labor adiante é necesario contar con todas as mans, en especial con aquelas entidades cuxos esforzos están dirixidos a favorecer a inclusión social daquelas persoas que se atopan en situación de maior vulnerabilidade. Cremos que esta liña de axudas potenciarán e impulsarán o seu traballo a prol dunha mellor Coruña, para todas e todos", explica a concelleira.  

As entidades cuxas propostas recibirán o apoio municipal son as seguintes: A. VV. Castrillón Urbanización Soto IAR, A. VV. Os Mallos-Sagrada Familia e Estación, Fundación Ingada, APACE - ANPA Centro Educación Especial Aspanaes, Fundación Abrente, Fundación Érguete Integración, Liga Reumatolóxica Galega, Fundación Escoita, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Social e Cultural Boanoite, Asociación Cultural Airiños da Torre, Fundación Autismo Coruña, Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), Ecos do Sur ONGD, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFACO), Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN), Asociación Centro Familiar Fonseca, Asociación Down Coruña, Asociación Xiradoira, Viraventos ONGD, APA Centro Ocupacional Pascual Veiga, Fundación Tutelar Aspronaga, Asociación Española Contra o Cancro, Betania de Jesús Nazareno, Unidade para o Tratamento do Alcohol e Conductas Aditivas (UTACA), Fundación Meniños, Asociación Poten100mos e a Asociación Cultural Formación Permanente de Adultos (Aulas 3ª idade).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión