Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de xuño de 2018

Xustiza Social organiza o domingo 10, no auditorio do parque de Santa Margarita, un baile extraordinario gratuíto para maiores

A concelleira Silvia Cameán lembra que as actividades de envellecemento activo, “que favorecen o benestar social e físico das persoas usuarias”, continuarán até o día 17

O Parque de Santa Margarita acollerá este domingo, 10 de xuño, un baile extraordinario gratuíto para persoas maiores promovido pola Concellería de Xustiza Social e Coidados, co obxectivo de celebrar o fin de tempada das actividades de envellecemento activo e mantemento físico nos centros cívicos. A iniciativa, que se desenvolverá no auditorio do recinto en horario de 17.00 a 20.30 horas, e que contará coas actuacións do dúo Lupe&Melchor e Carlos Manteiga Showman, persegue que as persoas habituais dos bailes nestes equipamentos municipais "compartan unha xornada conxunta de lecer ao aire libre", segundo apunta a edil Silvia Cameán. "Somos conscientes da relevancia que esta actividade ten na vida das nosas veciñas e veciños maiores, ao incidir directamente na mellora do seu benestar social e físico así como na súa implicación e participación activa na contorna próxima. Por iso, unha xornada como a do domingo, favorece que as usuarias e usuarios da actividade dos distintos equipamentos poidan relacionarse entre si, ademais, nun contexto diferente ao habitual", sinala a concelleira, quen lembra as actividades de baile continuarán até o 17 de xuño.

Os bailes ordinarios dos centros cívicos teñen un custo para as persoas usuarias de 1,5 euros por sesión, un prezo que se mantivo sen modificacións nos últimos anos. No caso das persoas derivadas dos programas sociais, esta actividade é gratuíta. "Durante o pasado ano, realizáronse 198 bailes nos centros cívicos, que contaron cun total de 30.477 participantes, e aos que se derivaron, en 325 ocasións, persoas en risco de exclusión", apunta a concelleira.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión