Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Coordinación e colaboración con entidades prestadoras de servizos a persoas sen fogar

    Accións que permitan establecer vías de coordinación noo uso dos recursos de atención ás persoas en situacións de risco ou en exclusión social. Así como na atención específica ás situacións de persoas sen fogar.

    Esta prestación ten por finalidade manter pautas e espazos de relación e colaboración que repercutan nunha mellor atención e resposta ao colectivo de persoas en risco de exclusión social dentro do termo municipal.

  • Información, orientación e asesoramento

    Proporciónase información específica ás persoas e/ou familias co fin de orientar e asesorar sobre as prestacións e os recursos propios do sistema público de servizos sociais.

    Proporciónase información específica ás persoas e/ou familias co fin de orientar e asesorar sobre as prestacións e os recursos propios doutros sistemas de protección social: educativo, de saúde, vivenda, administración civil,

    A información ás persoas usuarias iníciase cunha demanda nas unidades de atención social que xeralmente atenden as auxiliares de atención ao cidadán e as traballadoras sociais.

  • Información, orientación e asesoramento en materia de dependencia

    Información e asesoramento sobre os recursos e prestacións contemplados na Lei de Atención á Dependencia e Promoción da Autonomía Persoal e sobre os demais recursos e prestacións municipais orientados ás persoas maiores, discapacitadas ou con limitacións da súa autonomía persoal.

  • Intervención psicolóxica con menores vítimas de violencia de xénero

    Intervención psicolóxica con menores que sufran violencia de xénero, tratando de lograr a súa recuperación emocional, fortalecendo a súa capacidade de resiliencia e previndo a asunción de modelos de relación violentos.

  • Intervención socioeducativa en asentamentos chabolistas

    Información e intervención para a erradicación do chabolismo e realoxamento das familias que viven en asentamentos chabolistas da Coruña.

  • Localización e apoio a persoas sen fogar

    Prestación que consiste en percorridos polas rúas e espazos da cidade para a localización de persoas que pasan nela a noite. O destino das rutas é coñecelas, ofrecer información sobre os recursos de atención na cidade, roupa de abrigo e alimento.

    Estas rutas realízanse a través de dous servizos:

    -  "Xiras de observación". Saídas semanais de coñecemento e contacto. Dende o apoio anteriormente sinalado trátase de iniciar procesos de axuda para superar a súa estancia na rúa.

    -  "Dispositivo +calor". Saídas nos días con alerta por condicións climatolóxicas adversas, co obxectivo prioritario de previr riscos para a saúde e integridade de persoas localizadas na rúa.

  • Medidas de apoio á erradicación do chabolismo: adquisición de vivenda

    Axudas económicas directas para o realoxamento en réxime de propiedade.

  • Medidas de apoio para a erradicación do chabolismo: alugueiro ou acollemento familiar

    Axudas económicas directas para o alugueiro ou acollemento en vivenda para a erradicación do chabolismo e realoxamento das familias que viven en asentamentos chabolistas da Coruña.

  • Orientación sociolaboral e mellora da empregabilidade para persoas en risco de exclusión social

    Esta prestación -cofinanciada polo Fondo Social Europeo, enmarcada dentro do Programa Operativo do FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 "Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación”- leva a cabo unha atención individualizada, que ofrece asesoramento, acompañamento e propostas, co fin de superar carencias, limitacións e obstáculos na formación e na experiencia laboral dos beneficiarios desta prestaciòn.

    As accións desenvolvidas buscarán a mellora das habilidades e competencias prelaborales e labores do usuario coa finalidade de ampliar as súas opcións de inserción sociolaboral.

  • Prácticas para estudantes de ensinos medios e superiores, relacionadas cos servizos sociais

    Realización de prácticas, en dependencias da concellería, para alumnado de centros educativos que teñan convenio asinado para iso.

resultados 53

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión