Concello da Coruña

Concello da Coruña

Turismo social

Convocatoria de prazas gratuítas para viaxar dentro das quendas programadas polo IMSERSO.

A quen vai dirixido?:

  • Pensionistas maiores de 65 anos, pensionistas do sistema público de pensións e prexubilados maiores de 60 anos e pensionistas de viuvez maiores de 55 anos.
  • Poderán incluírse na solicitude, os fillos/as con discapacidade (grao mínimo do 45%) dos/as solicitantes a condición de que esta discapacidade lles permita viaxar e o fagan acompañados/as dos seus pais/nais compartindo con eles/elas o cuarto.
  • As persoas solicitantes poderán participar co seu cónxuxe ou parella de feito recoñecida legalmente.

Organiza:

Concello da Coruña

Requisitos:

  • Estar empadroada e residir no Concello da Coruña e cumprir os requisitos necesarios para obter a acreditación do IMSERSO en cada convocatoria.
  • Ter unha capacidade económica persoal inferior ou igual á a establecida na convocatoria. Considéranse a efectos de capacidade económica persoal os ingresos das solicitantes, cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade que dependan economicamente da persoa solicitante.
  • Ter a autonomía suficiente para levar a cabo actividades básicas da vida diaria e non padecer ningunha enfermidade ou deterioración cognitivo que implique alteracións de comportamento que poidan incidir na normal convivencia durante o desenvolvemento da viaxe.

Prazo de presentación:

A convocatoria para poder acceder ao programa é anual.

Remuneración / Dotación:

Viaxes de 8 días/7 noites con aloxamento en réxime de pensión completa, en cuarto dobre en hoteis seleccionados polo IMSERSO

Póliza de seguros colectiva

Servizo médico, complementario da Seguridade Social, no propio hotel

Programa de animación

Máis información:

Para acceder á convocatoria debe presentar a solicitude e a súa correspondente documentación na Oficina municipal de dependencia, maiores e discapacidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión