Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Servizos Sociais

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Convocatoria de Bono-taxi 2019

A quen vai dirixido?:

Persoas con discapacidade

Cando:

Dende o 27/12/2018

Inscricións:

Dende o 27/12/2018 ata o 28/01/2019

Formulario de inscrición

Requisitos:

Poderá acceder á condición de persoa beneficiaria das subvencións quen teña unha discapacidade, recoñecida polo organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración correspondente e que estea gravemente afectada na súa mobilidade e iso lle impida utilizar os transportes públicos colectivos, sempre que requira deste medio para o seu desprazamento ao exterior. Esta condición debe quedar claramente acreditada no documento administrativo que certifique a discapacidade.

Sen prexuízo do deber das persoas beneficiarias de reunir os requisitos esixidos na data de finalización da presentación de solicitudes, así como de presentar a documentación pertinente, non poderá ser causa de exclusión a falta de expedición do documento acreditativo no que conste a afectación á mobilidade e uso do transporte público colectivo sempre que, expedido este, teña data de efectos anterior á finalización do prazo de presentación común de solicitudes. En caso contrario, poderá procederse polo procedemento de necesidades sobrevidas.

No referente a certificados de discapacidade que non se pronuncien sobre a mobilidade e o uso do transporte público colectivo, deberán ser as persoas interesadas as que soliciten ante o organismo competente a súa modificación.

Son requisitos, esixibles ás persoas beneficiarias, que deberán estar cumpridos con anterioridade á data de finalización de presentación de solicitudes e manterse ao longo de todo o prazo de execución da actividade subvencionada, ademais dos previstos con carácter xeral no artigo 13 da Lei xeral de subvencións, os seguintes:

a) Ser maior de 3 anos

b) Residir no Concello da Coruña e constar como empadroada/ou desde, polo menos 6 meses anteriores á data de inicio do prazo de presentación de solicitudes.

O Concello poderá esixir a acreditación documental do anteriormente exposto mediante a presentación de recibos de consumo periódico, que acrediten o uso habitual da vivenda.

c) Ter recoñecida legalmente a condición de persoa con discapacidade mediante resolución (ou documento equivalente) do organismo competente da Xunta de Galicia ou Administración correspondente, na que conste que a discapacidade afecta gravemente a mobilidade e impide utilizar os transportes públicos colectivos.

d) No caso de que a persoa solicitante estea en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo. Nin tampouco ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.

e) Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular de vehículo. No caso das persoas menores de idade non emancipadas, esta obriga entenderase referida a quen ostente a tutela legal.

f) Non dispoñer duns ingresos superiores ao 210% do IPREM vixente no ano 2019.

g) Estar ao corrente das obrigas fiscais coa Axencia Estatal da Administración (AET), coa Comunidade Autónoma de Galicia e co Concello da Coruña, así como coa Tesourería da Seguridade Social.

Páxina web:

Publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia

Organizador:

Concello da Coruña

Contacto:

Sobre o procedemento administrativo correspondente a esta convocatoria, poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Sede electrónica do Concello da Coruña: https://sede.coruna.gob.es e na Concellería de Xustiza Social e Coidados, na rúa Fernández Latorre, 64-66, entreplanta, CP 15006, A Coruña de forma presencial ou telefonicamente no teléfono 981 184 200.

Observacións:

No documento que se achega en castelán, no anexo II, por erro, figura como referencia o exercicio 2016 en lugar do 2017, que sería o correcto ao facer referencia ao imposto sobre a renda das persoas físicas.

Nesta circunstancia é de aplicación a Disposición adicional segunda das bases, que establece que en caso de discrepancia entre ambas as versións (castelán e galego) prevalece a versión en lingua galega.

Documentos:

Bases da convocatoria (en lingua galega) (923 KB)

Bases da convocatoria (en español) (951 KB)

Axudas económicas para persoas con discapacidade que, por estaren gravemente afectadas na súa mobilidade, teñen problemas para utilizar os transportes públicos colectivos.

Para máis información consultar as ligazóns e documentos relacionados. No documento "Bases da convocatoria" están os anexos que hai que presentar xunto coa solicitude.

Prestacións relacionadas

Trámites relacionados

Noticias

Prestacións sociais

Subscrición ao boletín de actividades

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA, praza de María Pita, 1 (15001 A Coruña). Estes datos teñen a finalidade de lle ofrecer á cidadanía información a través do portal web do concello. O propio concello está lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos. Vostede pode retirar o devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámolo/a de que ten dereito a solicitarlle á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos. Os ditos dereitos poderá exercelos mediante unha solicitude remitida ao seguinte enderezo: Rexistro de entrada municipal, praza de Mª Pita, 1, coa referencia "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir a dita solicitude directamente á persoa delegada de Protección de Datos.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

Novidades

Máis información

  • Concello da Coruña
  • Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.
  • Plan avanza
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?