Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de abril de 2019

A Concellería de Xustiza Social mantén aberta ata o 9 de maio a convocatoria de axudas para entidades sociais da cidade

A liña de axudas, que valorará especialmente os proxectos de inclusión que cubran necesidades básicas, destina ata un máximo de 8.000 euros por iniciativa

A Concellería de Xustiza Social e Coidados destina 50.000 euros á subvención de actividades e proxectos de promoción e reinserción social que leven a cabo entidades ou agrupacións sen ánimo de lucro da cidade no presente ano. A convocatoria de axudas, que se resolverá por concorrencia competitiva, está aberta ata o vindeiro 9 de maio. A edil de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, explica que esta liña de axudas "busca fortalecer e apoiar as accións que as entidades sociais da cidade teñen en marcha, así como abrir novas opcións para proxectos que avancen nunha sociedade máis igualitaria na Coruña".  

As entidades sociais que queiran optar a estas subvencións deberán presentar unha memoria explicativa de cada unha das actividades solicitadas, acompañada dun orzamento das mesmas e a restante documentación que se especifica nas bases. Cada proxecto pode optar a un máximo de 8.000 euros de axuda, que non deberán supoñer máis do 80% do custo do mesmo. O 20% restante deberá ser aportado pola entidade. A valoración dos proxectos suporán un 90% do total das puntuacións, mentres que o 10% restante corresponde á criterios referidos á entidade. Deste xeito, terase en conta o contido e a calidade da memoria, a transversalidade de xénero no proxecto e a súa tipoloxía, aspecto no que se primarán as iniciativas de inclusión social para a cobertura de necesidades básicas por riba doutras actividades enfocadas á difusión ou sensibilización. Tamén se puntuará segundo o perfil das persoas beneficiarias do proxecto, a súa complementariedade cos traballos dos servizos municipais, a súa duración e o uso de lingua galega e inclusiva.

As bases da convocatoria especifican que serán gastos subvencionables as contratacións necesarias para o desenvolvemento do proxecto, cos límites indicados, así como outros custes de funcionamento da entidade, directos ou indirectos, que estean directamente relacionados ou sexan necesarios para levar a cabo a iniciativa.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión