Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xaneiro de 2019

Admisións nas actividades socioculturais dos centros cívicos

A lista de actividades socioculturais con prazas vacantes publicarase o día 30 de xaneiro.

Inscrición

23, 24 e 25 de xaneiro en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h

Tras a publicación das listas, as persoas admitidas poden retirar no centro cívico o impreso municipal de pago e aboar na entidade bancaria o prezo público que corresponda segundo a duración da actividade.

Unha vez aboado na entidade bancaria correspondente o prezo público da actividade, o resgardo do impreso de pago selado pola entidade bancaria entrégase no centro cívico onde se vaia realizar a actividade.

Ambos os trámites (aboamento do prezo público e presentación no centro cívico do impreso selado pola entidade bancaria), deberán realizarse dentro do prazo e horario establecidos para a inscrición. De non ser así, perderase o dereito á praza na actividade.

Os prezos públicos das actividades réxense segundo o establecido na Ordenanza fiscal 43, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas, de ocio e análogas de titularidade municipal.

Prazas vacantes

O día 30 de xaneiro de 2019, poderase consultar nesta páxina web, unha lista das actividades dos centros cívicos nas que quedan prazas vacantes.

As prazas vacantes adxudicaranse por orde de chegada. O prazo para a inscrición nas prazas vacantes comeza o día 31 de xaneiro, en horario de apertura do centro cívico.

Documentos relacionados

  • Centro Cívico Eirís admisións xaneiro 2019 (961 KB)
  • Centro Cívico Novoboandanza admisións xaneiro 2019 (389 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión