15 de abril de 2014
Un novo comedor público con prezos alcanzables.
Dende o luns día 21 de abril, a cidade contará cun comedor máis a prezos económicos. Estará situdo na rúa Mosteiro de Bergondo 13, dentro do centro cívico Novoboandanza e abrirá todos os días da semana. Xunto co comedor de Monte Alto, pasarán a ser dous os comedores de titularidade municipal.
Poderase acceder á zona de comedor de 9.00 a 18.00 horas.
O menú da semana, que constará de dous pratos e sobremesa, poderase consultar no propio centro cada día e os prezos da comida serán os seguintes:
1 día: 3,30 euros
Bono 7 días: 19,80 euros
Bono 20 días: 49,50 euros
Bono 30 días: 68,20 euros
Os bonos venderanse no propio comedor cada día a partir das 13.00 horas.
Centro Cívico Novoboandanza. Rúa Monasterio de Bergondo 13. 15010
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible