Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de agosto de 2019

As bolsas comedor resolveranse tras o inicio escolar ante a demora da súa convocatoria polo anterior executivo

Neira asegura que o atraso da publicación da convocatoria (17 de abril) e os permisos autonómicos, que se concederon a finais de xullo, fan inviable que as bolsas estean resoltas no seu prazo. A tramitación para estas bolsas, a pesar de reforzar o servizo con varios funcionarios doutras áreas, non se resolverá ata finais de setembro, aínda que aclara que os proxenitores que paguen o comedor desde o inicio do curso escolar en setembro e que posteriormente resulten beneficiarios da bolsa percibirán a axuda integramente.

A Concellería de Benestar Social traballa ás alancadas para tramitar as 1996 bolsas comedor solicitadas para o curso 2019/20 que arrinca o 11 de setembro. Asegura que o atraso da publicación da convocatoria (17 de abril) e os permisos autonómicos, que se concederon a finais de xullo, fan inviable que as bolsas estean resoltas no seu prazo. "Lamentamos que as bolsas non se convocaran a tempo, tendo en conta que as bolsas comedor tiveran atraso en exercicios anteriores, para evitar esta situación outro ano máis. Nós convocarémolas unha vez que se aprobe o orzamento o máis axiña posible para lles evitar este prexuízo ás persoas beneficiarias", apuntou Neira.

Segundo a concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, a tramitación para estas bolsas, a pesar de reforzar o servizo con persoal funcionario doutras áreas, non se resolverá ata finais de setembro, aínda que aclara que as nais e pais que paguen o comedor desde o inicio do curso escolar en setembro e que posteriormente se beneficien da bolsa, percibirán a axuda integramente. Co fin de paliar a demora neste tipo de axudas, a concelleira anuncia que adiantará a convocatoria das bolsas comedor no principio do ano e non esperará ata o mes de abril ou maio, como en exercicios anteriores. "Non é viable tecnicamente analizar 2000 solicitudes, baremalas, publicar as listaxes oficiais, resolver as alegacións pertinentes e volver publicalas de forma oficial en algo máis de 30 días laborais".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión