Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2018

Campamentos urbanos de Nadal nos centros cívicos municipais

Para menores que naceron entre o 01/01/2006 e o 31/12/2014.

Os campamentos urbanos de Nadal ofertaranse nos centros cívicos que se enumeran a continuación.

O horario xeral dos campamentos é de 10:00 a 14.00 h e nos centros cívicos sinalados cun asterisco, existe a posibilidade de solicitar o horario ampliado de 9.00 a 14.30 h.

  • Centro cívico A Silva
  • Centro cívico Castrillón*
  • Centro cívico Cidade Vella
  • Centro cívico Eirís
  • Centro cívico Elviña
  • Centro cívico Feáns
  • Centro cívico Labañou
  • Centro cívico Mesoiro*
  • Centro cívico Monelos*
  • Centro cívico Monte Alto*
  • Centro cívico Novoboandanza
  • Centro cívico Os Mallos*
  • Centro cívico Palavea
  • Centro cívico Pescadores
  • Centro cívico Rosales*
  • Centro cívico Sacra Familia
  • Centro cívico San Diego*
  • Centro cívico Santa Margarita

Nos campamentos realizaranse xogos cooperativos, actividades lúdicas, artísticas, musicais, etc. En todas as xornadas, dedicarase unha hora diaria á práctica da lingua inglesa.

Para nenos e nenas con necesidades educativas especiais ou discapacidade, ofértanse quince prazas nos campamentos de Nadal 2018.

Días do campamento:

  • 26, 27 e 28 de decembro de 2018
  • 2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2019

Preinscrición:

  • Días: 3, 4 e 5 de decembro
  • Horario: de 11:00 a 13:30 h e de 17.00 a 20:30 h
  • Lugar: no centro cívico municipal no que se desexe solicitar o campamento.

Sorteo público:

  • Día: 5 decembro ás 20:35 h nos centros cívicos municipais onde se oferta o campamento

Publicación de lista de admisións e reservas:

  • Día: 17 de decembro
  • As listas de admisións poderanse consultar nos centros cívicos municipais, no Teléfono 010 e nesta páxina web.

Cota de inscrición:

  • 26 € por participante no horario xeral
  • 32 € por participante no horario ampliado

Inscrición:

  • Días: 18, 19 e 20 de decembro
  • Horario: 11:00 a 13:30 h e de 17.00 a 20.30 h
  • Lugar: centro cívico no que se obtivo a praza

A partir do 26 de novembro, poderás recoller nos centros cívicos onde se realizan os campamentos urbanos de Nadal, o formulario de preinscrición.

Poderás descargar o formulario ao final desta noticia.

Documentos:

Formulario de preinscrición dos campamentos urbanos Nadal 2018 (490 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión